UN CESURE?O REUNIUSE ONTE CO MINISTRO DE SANIDADE
Pois é certo, o noso veciño Jesús Chus Abalo xunto con unha veintena de españois, todos eles residentes en Suecia e que se adican á investigación e docencia por aqueles lares, mantiveron onte un encontro co Ministro de Sanidade, na sede da Embaixada Españóla en Estocolmo.
Estes investigadores españois trasladáronlle o porque se tiveran que ir de España a Suecia para continuar as súas investigacións, e parece ser que o Ministro, que é un destacado científico, mostrouse sensibilizado con este tema da «fuga de cerebros» que se dan entre os investigadores do pais. Así, saudou un por un a todos eles, interesándose das razóns que os levaran a ter emigrado, así como se estarían dispostos a voltar, pois é partidario de facer o posible para que iso suceda, «porque é sagrante que se forme xente en España para que logo vaia render e dar beneficios a outros lados».
El Mundo : Soria anuncia un plan para el retorno de investigadores a España
Pero esto non foi todo, pois cando o noso veciño Chus Abalo estivo co ministro comentoulle que en Santiago traballaba e investigaba con lampreas, e algo en Suecia tamén, mostrándose este moi interesado no tema, porque seica lle encanta a lamprea, e que fora de Galiza que é imposible atopala en ningunha parte.
Tamén me preguntou cando era a festa da lamprea de Pontecesures, polo que o noso veciño, axil coma unha lamprea, invitouno no nome do noso pobo a que acuda pro ano próximo.
Agora faltaría que as autoridades municipais recollan o cabo lanzado polo noso conveciño e se proceda a invitar a tan distinguido persoeiro.
17 comentarios
fru · 18-10-2007 a las 16:26
De todolos xeitos, Chus, espero verte A TI algún día coma o persoeiro central da festa, deleitándonos con un pregon sobre aquelo que tes investigado (a lamprea, non as caralladas polo Franco), pois recordo que eres «Doctor Honoris Causa» pola USC cunha tese sobre as lampreas.
Pana · 18-10-2007 a las 17:34
Saudos Chus. Observo que a comida sueca non é como a galega porque encontroche más delgado. Boa sorte e que voltes pronto.
O Rei · 18-10-2007 a las 18:42
Pois sí, felicidades a este Cesureño de pro. Que siga difundindo a cultura galega e instruíndo sobre o noso pobo alá onde vai 😉
A verdade é que eu non o atopo máis delgado, «pana», creo que a camisa de infantil que lle mercou o seu estilista axuda… ou será Photoshop?! ;-p
fru · 18-10-2007 a las 19:07
O que se nota é a cor blanquiña na pel… notase que o sol alá arriba danno a contagotas ¿ou era o flash da cámara? 🙂
O Rei · 18-10-2007 a las 19:26
Tamén pode axudar a blanquear o contraste co bronceado «artificial» do Ministro…
Antonio Cortés · 18-10-2007 a las 22:08
Vamos a contrastalo, cun bronceado «natural»
Pois unha de dúas, e o sol do norte, ou é o flash … 😉
Un saudiño e que os nosos investigadores non teñan que sair das nosas fronteiras, porque como ben di a miña moza: A un investigador telo na terra investigando non é caro, máis caro é traelos cando saen, xa que costa valoralos tanto como se valoran fora.
fru · 19-10-2007 a las 00:14
Xa só me faltaba ver á outra «Chus» de longa melena loira… Suecos os 2.
Eso sería INTEGRACION 🙂
Feli_no · 19-10-2007 a las 00:48
Parabienes, chus!
Que politicamente correcto…
Ai…se che ve o Sr ministro con dous anises de máis..
Pero reitérome, chus, parabienes y parabienes,
que ben os mereces que xa é jodido investigar acó como para ter que andar emigrando para podelo facer, sobre todo a ti, que tan pouco gostas de viaxar…
Saúdos a Xoxó(o irmán). Outra mente dotada emigrada para traballar entre Boston e Nova York con esa xente tan rara que son os Ianquis(ten dobre mérito).
Paspallas · 19-10-2007 a las 23:06
Manda carallo, os socialistas importantes, ministros, touriño, e os mandos saúdan a cesureños como Sabariz ou este Abalo que non teñen que ver coas siglas, en cambio os socialistas de carnet de cesures, siguen a durmir o dulce sono e non se enteran, decía Daniel Chenlo en xuño que ía vir Ricardo Varela o xefe de organización en xullo, de que ano Chenlo? do proximo ano santo?, mirade que o tren de varela xa pasou por cesures hai moito tempo, como sigan así o próximo candidato vai ter que ser marcelino o taxista, ana mary a piñeira ou o malvino, eterna xuventude….divino tesouro
gulli127 · 20-10-2007 a las 01:28
Pois que saibas, amigo Chus, que os nosos amigos comúns licenciados en empresariales e física respectivamente, e o jefe de turno dunha coñecida fábrica de Caldas, estaban a falar que saías na foto con Papa Noel, pero o dicían en serio.Non sabían quen era. Nada, espero, iso si, que ó menos invitaras o noso amigo Ber (los amigos de mis amigos, son ya mis amigos), o anticamiño de nadal. Dille que son 50 euros, non vaia ser que faga como Arturo e non paje.
Tremendo con quen che comparan no comentario anterior. Mañán imos facer unha festiña na casa dos meus pais (lembras cando «investigamos» o efecto do viño do país consumido en grandes cantidades no menor tempo posible…) para celebrar as túas novas amistades locais. Que megafuertérrimo…
Saúdos.
mallorquin · 20-10-2007 a las 14:49
qué alegría me da entrar en esta página y encontrar caras tan conocidas(y no me refiero al ministro), además de los comentarios de gente también conocida (Gulli, Felipe…),
así uno recuerda viejos tiempos…
q tiempos…
menudas montábamos en la casa de Gulli!!!
enhorabuena por el reconocimiento!!!
por cierto, en Mayo estuve muy cerquita tuya, estuve en San Petersburgo,
si me acerco por Suecia te aviso, jejejejeje
un abrazo,
xiana cores · 20-10-2007 a las 16:22
Vaia foto co ministro.Noraboa pola longa e moi boa traxetoria que levas.Un gran carreirón.Dende logo estes de Abalo deronlle a sorpresa a moita xente porque tiñanos neste pobo como uns juerguistas empedernidos.Pois para que tome nota toda esa xente que falaba tanto deles como do resto da tropa.Os meus parabens.Segue asi que co tempo seras un persoeiro de recoñecemento neste pobo.
A e para paspallas deixa de facer comparacións absurdas e de facer comentarios dentro deste apartado que non veñen o caso.
Eres como unha mosca cojonera que tes que machacar todo.Sempre igual sexan boas ou malas noticias tes que metela puntilla.
Esto ben porque xa non e a primeira vez que fas este tipo de cousas.
Bueno un saudiño para Chus que e de quen temos que falar neste comentario.
Cara de cona · 20-10-2007 a las 19:17
Felicitaciones abalo, dixaches quedar alto o pabellón de cesures, vexo que os amigos non te fallan.
Sí xiana, menudo rapapolvo lle botou paspallas os socialistas de cesures, debe ser da cámara de Sabariz e quer meter fuego nos catro gatos que son..outros que deben renovarse.
Terabyte · 20-10-2007 a las 20:12
Moi ben Abalo pequeno. Agardemos que o señor Bernat Soria, Ministro de Sanidade, non sexa da calaña de Magdalena Alvarez, Ministra dos trens, aínda que teño as miñas dudas, ao seren todos da cobacha de Zapatero.
Luis Angel Sabariz Rolán · 20-10-2007 a las 23:07
Realmente debemos estar orgullosos de que un cesureño participe nestas tarefas de investigación. O seu traballo e esforzo debera ser un exemplo para os nosos fillos. Noraboa ó investigador e a súa familia.
Bli · 21-10-2007 a las 01:05
Eu tamen quero felicitar a Chus e comentarlle que o señor ministro, parece que… non desentonaria moito naquelas investigacions da caña do pais e o viño da casa de gulli. Porque parece que estaba moi contento, ou igual xa viñades de investigar.
O Rei · 21-10-2007 a las 14:20
Bueno, teño que dicir en nome de Chus Abalo (coñézoo de primeira man) moitas grazas a todos polos comentarios. A súa carreira investigadora, como algúns de vós suxerides, poida que teña comezado na casa dos pais de Gulli sobre degustacións varias. Creo que segue na senda pero agora sobre productos da zona coma o «snaps», «akvavit», «kräfta» ou «gravad lax».
A verdade é que sí que me enchería de orgullo poder chegar o ser (como di Sabariz) un exemplo para os rapaces, e o que lles aconsellaría é que estuden, aprendan de todo o que fagan e que viaxen. Que non teñan medo a viaxar, aprender inglés e coñecer miles de lugares, xente e costumes diferentes.
Unha aperta e moitas grazas