Ultima hora: Fátima Monteagudo (PSdeG-PSOE) elixida presidenta da Mancomunidade Ulla-Umia.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

As 20,30 horas do día de hoxe, no salón de sesións do Concello de Valga, reuníronse os 21 membros da Comisión Executiva da Mancomunidade Ulla-Umia (integrada polos concellos de Caldas de Reis, Moraña, Cuntis, Catoira, Portas, Valga e Pontecesures) para elixir presidente/a e vicepresidente/a desta mancomunidade.

Presentaron candidatura para a presidencia, Fátima Monteagudo, alcaldesa de Cuntis (PSdeG-PSOE) e Roberto Vázquez, alcalde de Portas (PP). Foi elixida Fatima Monteagudo, que tivo 12 votos (os 7 do PSdeG-PSOE, os 4 do BNG, e 1 da Agrupación de Electores de Moraña), mentres Roberto Vázquez, tivo os 9 votos do PP.

Para a vicepresidencia, só presentou candidatura Belén Pazos, concelleira de Cuntis (BNG), que obtivo tamén 12 votos (idéntica votación que para elixir a presidencia), mentres que nesta elección o PP abstívose. En consecuencia, Belén Pazos convertese na vicepresidenta da Mancomunidade.

Lémbrase que Pontecesures ten dous representantes dentro dos 21 membros da Comisión Executiva: José Antonio Baliñas (BNG) e Rafael Randulfe (PP).


2 comentarios

xiana cores · 3-11-2007 ás 17:40

A miña noraboa a Fatima e a Belen.Espero que estes catro anos valan para algo mais que os oito de presidencia do señor Maneiro.Xa que non fixo nada de nada.

Terabyte · 3-11-2007 ás 18:28

Pois que “valan”? para algo, pero non cuspas ó aire, como vaian a muxir a Touriño, levano claro, e en Europa cada vez hai máis “turkos”.

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.