O BNG rexeita unha iniciativa sobre o tren de cercanías porque excluía a Vilagarcía.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

O BNG rexeitou no Parlamento galego a proposición de lei presentada polo PP sobre a implantación de trens de proximidade entre O Porriño-Vigo-Pontevedra; A Coruña-Ferrol e Ourense-O Carballiño por, sinalan, “non incluir a liña Santiago-Vilagarcía”.

Para o BNG, unha conexión ferroviaria entre a capital de Galicia con Vilagarcía de Arousa debe ser prioritaria “polo número de usuarios que rexistra”, en palabras de la diputada nacionalista Carme da Silva.

A parlamentaria do BNG acusou ós populares de “subirse ó carro” dunha vella reivindicación nacionalista respecto das necesidades ferroviarias galegas, pero entenden que “fixeron mal os deberes” e que demostran “oportunismo” por non aceptar a emenda do BNG incluíndo tamén a liña Santiago de Compostela-Vilagarcía de Arousa.

Da Silva lembrou que o PP “tivo a oportunidade de defender o transporte ferroviario de cercanías para Galicia en 2006, cando a Cámara galega acordou, cos votos en contra dos populares, iniciar as accións necesarias para a súa implantación”.

A deputada ironizou tamén coa “coincidencia” de que o grupo popular rexistrara a iniciativa que se debateu onte no pleno “xusto no momento don que o BNG pareguntaba ao presidente Touriño, por este tipo de transporte”.

DIARIO DE AROUSA, 01/11/07


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.