Substitución das columnas de alta tensión.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Tense coñecemento que se están a facer estudos para substituir as columnas de alta tensión da liña Padrón-Tibo (66 quilovoltios) e parece ser que se instalarán uns apoios máis modernos, con máis altura, cunha menor ocupación na base e incluso diminuirá o número.

Foi substituída xa algunha columna na zona, pero ata agora se descoñocen as xestión realizadas en relación con Pontecesures.

Como no noso municipio temos seis ou sete columnas deste tendido en Carreiras, San Xulián (algunha delas en mal estado) que precisan a súa substitución con toda urxencia, solicitouse a Unión Fenosa Distribución-Subestación da Grela (A Coruña) que estas tarefas se realicen no menor tempo posible contactando cos propietarios afectados e co propio concello, para tratar de paliar os inconvintes que sempre plantexa a instalación destes elementos pola súa perigosidade e dende o punto de vista da infrautilización da propiedade afectada, e da estética.

Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro de Relacións Institucionais


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.