O cha cha cha do tren.
¿ Quen non perdeu o tren algunha vez? Non tan só as persoas, senón que mesmo algún que outro pobo «perdeu o tren» quedando en «vía morta», mentres outros avanzaban máis co famoso AVE.
Agora tamén por decisión de Fomento e da señora ministra dona Magdalena Álvarez queren deixar os pobos das comarcas do Sar, Baixo Ulla e parte do Salnés sen o servizo dos trens de proximidades, causando a inquietude lóxica entre a cidadanía de «a pé».
O problema ven sendo comentado nos medios e os alcaldes dos concellos máis afectados tratan de buscar apoio de políticos, das administracións e demais entidades que poidan influír a que dona Magdalena (sempre se dixo que rectificar é de sabios) poida revogar a medida.
Eu suxeriríalles aos alcaldes e demais persoas implicadas nesta cuestión do «tren de fomento» para que dea «marcha atrás», como tantas veces temos presenciado que facían aqueles trens do cha cha cha, que pasaran unha respectuosa invitación á señora Ministra aproveitando a temporada preelectoral, para viaxar a estas terras galegas e sen «perder o tren» tomara parte nun percorrido Santiago-Vilagarcía (que podería alongar ata Pontevedra e Vigo) para comprobar in situ a importancia e trascendencia deses trens de proximidades para os pobos do intermedio, ao tempo que gozar da beleza paisaxística que dende o tren se pode gozar e que ata puidera darse o caso de que dona Magdalena , á que se lle supón a elemental sensibilidade, optase non tan só por cambiar de criterio senón que ata mesmo dotar esta zona dun tren turístico, digo, Vigo-Santiago.
Os nosos alcaldes poderían obsequiar de «paso» a dona Magdalena a saborear algunha das nosas delicias gastronómicas como degustar uns «pementiños de Padrón» (aínda conxelados manteñen bó sabor), acompañando un prato, poñamos por caso, de xoubiñas de Rianxo, e cun bo albariño a mesa.
En calquera caso, sempre sería unha visita que estes pobos agradecerían especialmente ao tratarse dun membro do executivo nacional con tanta trascendencia neste caso como do Ministerio de Fomento.
Carta ó director de «TIERRAS DE SANTIAGO» de José Castro Cajaraville (Padrón) 06/11/07
2 comentarios
Terabyte · 6-11-2007 a las 22:02
A mágoa é que non me lea don José Castro Cajaraville, autor da carta ó director de «Tierras de Santiago», que D.L.A. (Don Luis Angel, para os non o sepan) tan xentilmente, como a cotío, colgou nesta páxina. Se o autor me lera ou algún dos Alcaldes dos Concellos afectados o fixeran, coincidirían conmigo que a Dona Magdalena Alvarez, para os achegados «a miña Maleni», despois de tanto «socavón» en Barcelona, ao marxe dos pementos, das xoubas, e do albariño, o que lle facía falta «á miña Maleni», era UNHA BOA LAMPREA…do Ulla, ía quedar «enchanté».
Antonio Cortés · 6-11-2007 a las 22:45
O fin de semana pasado había unha viñeta moi boa sobre Magdalena Alvarez no xornal «El correo de Andalucía», na que se vían varios raparigos disfrazados: un de vampiro, unha de meiga, e unha cunha careta de Magdalena Alvarez e unha carteira de ministra.
Un dos rapaces lle preguntaba á da careta: «e ti de que vas disfrazada», ó que lle repostaba: «¿ Eu ? de cadaver político.
Non dou atopado agora ese xornal, pero outra viñeta «similar»: