Pontecesures, antiga potencia marítima.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Non ter mar, pero Pontecesures foi o porto exterior de Iria Flavia grazas a que o Ulla é navegable ata este punto. Baixo as súas augas abunda a lamprea, titular da festa máis coñecida do lugar. Pontecesures foi unha potencia marítima, aínda estando ublicada no interior. Están doucmentadas relacións comerciais cos fenicios e cos cartaxineses desede arredor do século VI a.c.. Fixo as veces de porto exterior de Iria Flavia. Esta relaión co mar seguiu no medievo, cando o porto funcionou como asteleiro de barcos de guerra para a loita de Castela contra os musulmáns. O nome do municipio deriva da ponte romanan que unía as dúas marxes do Ulla. Esta ponte foi reformada polo prestixioso mestre Mateo. A súa imaxe actual débese as obras de mantemento realizadas en 1911. O termo Cesures deriva probablemete da palabra latina “censuris”, e fai referencia a que na época do Imperio Romano, era nesta vila onde se facían os censos de poboación.

Columna “A ESCAPADA”, Diario de Pontevedra, 08/11/07


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.