Andrés Quintá: «O Extrugasa pon a Vilagarcía e ó baloncesto feminino no mapa dos mellores de Europa»
Andrés Quintá é o máximo responsable de que Vilagarcía e a comarca estean representadas na competición europea mediante o Extrugasa. O presidente e patrocinador do clube apostou moi forte polo baloncesto feminino e agora está recollendo os froitos a modo de éxitos, tanto na competición nacional coma na internacional. O presidente disfrutou onte coa primeira vitoria do equipo na Eurocup e resaltou a capacidade de traballo das xogadoras para «superar a un rival do que non se esperaba tanto». Quintá considera que o Extrugasa está «situando a Vilagarcía e ó baloncesto feminino no mapa dos mellores de Europa e destaca o feito de que a cidade arousana represente a Galicia no continente».
Andrés Quintá era un home feliz ó final do partido porque puido ver como o seu equipo conseguía a primeira vitoria en competición oficial europea. O presidente do Extrugasa estivo acompañado no palco por numerosas autoridades que representaron ás distintas administracións e tamén a institucións da comarca e da provincia coas que Quintá ten unha especial vinculación, aínda que para el foi tan ou máis importante ver a traballadores da súa fábrica nas gradas de Fontecarmoa.
Sen dúbida algunha a presencia de Andrés Quintá resulta determinante para que o Extrugasa estea agora loitando cos mellores de Europa. O seu respaldo económico, incrementado cada ano en función das maiores esixencias motivadas polos éxitos acadados polo equipo, é clave para que a afección vilagarciana poida disfrutar agora do baloncesto feminino de máis alto nivel, tanto nacional coma internacional.
¿Que lle pareceu o partido?
Está claro que o noso equipo está en forma porque así o ven demostrando nos partidos desta tempada. Existe unha gran armonía (valor que el sempre destaca) entre as xogadoras e tamén co corpo técnico. Pero hoxe (por onte) tivemos un equipo enfronte que non se esperaba que puidera estar tan ben.
E que ninguén se esperaba un rendemento tan bo nas suizas.
Trátase dun equipo moi baixo, pero teñen moita velocidade e intelixencia, aspectos que resultan claves no baloncesto e en calquer deporte. O noso equipos non esperaba atopar tante resistencia e cando se deron conta víronse na obriga de recuperar e remontar.
? equipo tocoulle traballar arreo, pero cando o fixo foi imparable.
Houbo que pelexar moito porque vían que se lle podía escapar o partido, pero as nosas xogadoras teñen veteranía e puideron superar as dificultades que se atoparon.
¿Que importancia ten este partido e o feito de competir en Europa para o clube, para a cidade e para a comarca?
Ten moita para todos. Hay que ter en conta que o Extrugasa está sonando xa en Europa. En Italia o equipo mantivo o partido igualado e agora gañamos o primeiro encontro en competición internacional. Todo esto demostra que temos valía para estar nesta competición e está claro que para Vilagarcía é moi importante que un equipo leve o nome da cidade por toda España e por Europa. O Extrugasa pon a Vilagarcía e ó baloncesto feminino no mapa dos mellores de Europa.
A presencia de tantas autoridades demostra o respaldo que ten o Extrugasa nas institucións.
Veu moita xenta a ver o partido e a apoiarnos, tamén xenta da fábrica, porque é un feito importante para todos.
¿Ata onde pode chegar este equipo. Cal é o límite?
Temos un bo equipo que vai a dar moitas alegrías, pero o máis importante é que veñan a Vilagarcía equipos que sí teñen moitas opcións de gañar esta competición.
DIARIO DE AROUSA, 16/11/07
0 comentarios