Fixado día e hora para a entrega da parcela na parte traseira da edificación situada na Avda. de Vigo 12.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Para as 12,30 horas do vindeiro 21 de novembro, foi citado na Casa do Concello o representante da empresa Constantino Taibo S.L. con obxecto de asinar o acta de entrega desta parcela, unha vez rematado o expediente seguido de incumprimento de obrigas urbanísticas derivadas da licenza 27/94.

Como condición da citada licenza o promotor debía ceder ó concello a parcela de 1.387 m2 na parte traseira do edificio de vivendas da Avda. de Vigo nº 12 (é o edificio onde está o Restaurante “Olivo”). Como non se fixera a cesión, en 2004 xa fora fixada a data para asinar o documento mediante resolución, pero Constantino Taibo S.L. presentou un recurso diante do Xulgado Contencioso-Administrativo de Pontevedra (procedemento 103/05) e a sentenza, aínda recoñecendo que a pretensión do concello para esixir a cesión do terreo contemplada na licenza axústase a dereito, anulou a resolución porque non se había seguido o expediente correspondente polo incumprimento dos deberes urbanísticos.

Foi incoado o novo expediente en 2006, e por resolución de 15/11/07 rexeitouse o recurso de reposición presentado contra o decreto que rematou dito expediente.

Quérese activar agora este longo proceso na defensa dos intereses de todos, para que o concello conte cunha importante parcela no seu patrimonio, tendo en conta que a parcela está incluída no ámbito dun PERI que se vai desenvolver nun futuro próximo.

Categorías: Concello

1 comentario

Maynard · 18-11-2007 ás 21:32

Moi interesante, gostaríame saber que alegou no recurso de reposición rexeitado por resolución de 15/11 do ano que andamos.
A actuación do promotor é maximizable:
“el que por su gusto muere, hasta la muerte le sabe”; e insiste, insiste e volve a insistir…
ocúrreseme que argumentaría “praescriptio” do novo expediente por parte da administración municipal.
Outro caso de “maquinaria pesada”.

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.