Curiosa anécdota: Correos devolve a orixe unha carta dirixida á alcaldesa de Pontecesures.
A carta en cuestión era unha invitación de «El CORREO GALLEGO», para o acto de entrega dos premios ós «Galegos do ano» que concede ese diario.
A carta, con mataselos do 19-10-07, levaba o seguinte enderezo:
«Sra. Dª Mª Isabel Castro Barreiro
Alcaldesa
Avda. de Vigo
Pontecesures»
Sorprendentemente, a carta foi devolta con dilixencia de «descoñecido», asinada polo funcionario de Correos, segundo consta na redacción de «EL CORREO GALLEGO».
Dende logo, a anécdota non deixa en bo lugar ó Servizo de Correos.
10 comentarios
Tuso · 28-11-2007 a las 17:23
Inda que é certo que os de Correos puideron facer por entregala, eu penso que realmente a quen non deixa en moi bo lugar é aos do xornal por non saber poñer o enderezo correctamente nunha carta.
Tiroliro II · 29-11-2007 a las 18:08
Non lle dan categoría ningunha a Sacapieles en correos…nunca se levaron ben os de correos cos alcaldes, quen non recorda a aquel chepiña que tiña follóns con Piñeiro Ares, nunhas eleccións que ganara Piñeiro tiña unha cagarría de medo, o voto por correo foi apaixoante..aquel pequeno xefe quedou hasta os huevos de Cesures e dos piñeiristas…
xiana cores · 29-11-2007 a las 20:45
E normal que en correos pase esto.Nin eles mesmos se creen que neste concello teñamos unha alcaldesa con 200 votos.E vergoñento.Entón e normal que a eles nin se lles pase pola cabeza.
Estupenda ademais que llas esta facendo gorda os seus compañeiros de goberno por detras e non se enteran.
Porque o da guia e o comezo de unha longa lista de cousa que ela esta facendo a sua maneira sin consultar con ninguen.
Pero bueno pouco a pouco sabremos mais cousas.
Os que gobernan con ela que espabilen senon vainos a deixar co cú o aire.
manolo · 29-11-2007 a las 21:26
Non vos meter cos de clasificación, o tipiño prejuntou quen era a alcaldesa, o compañeiro dixolle que era a que mandaba no ayuntamiento e….
¿Quen carrallo sabe quen é a alcaldesa si aqui son todos a jobernar?
E a carta foi de volta.
Paspallas · 29-11-2007 a las 23:15
Non dades unha carallo, a carta devolveuna o carteiro porque Antonio o do Banco que vive arriba de Correos díxolle que en Cesures non había alcaldesa ninguna, que seguía Angueira….
Tachenko · 30-06-2009 a las 14:14
Si para que nos chege unha carta a calqueira ciudadano de a pé hai que poñer certos datos, pois a ela tamén, ou que, ¿e mais ca nos?.
Sabariz, o teu cinismo e incríble. Tes cousas de nenos. Ti, como cargo público o unico que debías facer é explicar o que ten que facer cada cidadán cando se escribe unha carta. Xa sabes, o descoñecemento da lei non implica que non a teñas que cumplir. Mira ti porque cando eramos pequenos poñíamos: » Para los reyes magos». Dirección: «Oriente». Penoso Sabariz, penoso.
Tachenko · 30-06-2009 a las 14:16
E DESPOIS DIS QUE NON UTILIZAS ESTA PAXINA POLITICAMENTE…
Luis Angel Sabariz Rolán · 30-06-2009 a las 15:28
Realmente non sei a que ven este comentario extemporáneo sobre unha curiosidade publicada hai máis de ano e medio. Non te vexo ben «Tachenko». En calquera munnicipio cando unha carta ven dirixida ao alcalde ou alcaldesa, nomeando o cargo, o normal é que se entregue coa correspondencia do propio concello. Devolvela a orixe coa inscrición de enderezo «descoñecido», ten un pouco de coña.
manolo o do bombo · 30-06-2009 a las 18:22
Pois no vexo normal ,aqui mais ou menos todos temos motes,e as cartas teñen que vir con nonbres y apellidos,fixo ven en mandala de volta.
Tachenko · 1-07-2009 a las 07:24
Home, outro extemporaneo e que tampouco o verás ben, ¿non?, Sabariz. Cando as cousas son como son, pois son. Si o comento agora e porque non me fixei na data, pero si o vise naquel momento pensaria o mesmo, de todolos xeitos xa vexo que ti tamen pensas igual ca hai dous anos, e pareceche anecdótico. Si che parecese así non o publicarías, e moito menos o comentario despectivo cara correos, que tan só cumpriron co seu deber e fixeron o que nos farían a calquer cidadan de a pé, o correcto.