Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Sociedade

Curiosa anécdota: Correos devolve a orixe unha carta dirixida á alcaldesa de Pontecesures.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

A carta en cuestión era unha invitación de “El CORREO GALLEGO”, para o acto de entrega dos premios ós “Galegos do ano” que concede ese diario.

A carta, con mataselos do 19-10-07, levaba o seguinte enderezo:

“Sra. Dª Mª Isabel Castro Barreiro
Alcaldesa
Avda. de Vigo
Pontecesures”

Sorprendentemente, a carta foi devolta con dilixencia de “descoñecido”, asinada polo funcionario de Correos, segundo consta na redacción de “EL CORREO GALLEGO”.

Dende logo, a anécdota non deixa en bo lugar ó Servizo de Correos.

Máis sobre isto

10 comentarios

  1. Tuso

    Inda que é certo que os de Correos puideron facer por entregala, eu penso que realmente a quen non deixa en moi bo lugar é aos do xornal por non saber poñer o enderezo correctamente nunha carta.

    Responder
  2. Tiroliro II

    Non lle dan categoría ningunha a Sacapieles en correos…nunca se levaron ben os de correos cos alcaldes, quen non recorda a aquel chepiña que tiña follóns con Piñeiro Ares, nunhas eleccións que ganara Piñeiro tiña unha cagarría de medo, o voto por correo foi apaixoante..aquel pequeno xefe quedou hasta os huevos de Cesures e dos piñeiristas…

    Responder
  3. xiana cores

    E normal que en correos pase esto.Nin eles mesmos se creen que neste concello teñamos unha alcaldesa con 200 votos.E vergoñento.Entón e normal que a eles nin se lles pase pola cabeza.
    Estupenda ademais que llas esta facendo gorda os seus compañeiros de goberno por detras e non se enteran.
    Porque o da guia e o comezo de unha longa lista de cousa que ela esta facendo a sua maneira sin consultar con ninguen.
    Pero bueno pouco a pouco sabremos mais cousas.
    Os que gobernan con ela que espabilen senon vainos a deixar co cú o aire.

    Responder
  4. manolo

    Non vos meter cos de clasificación, o tipiño prejuntou quen era a alcaldesa, o compañeiro dixolle que era a que mandaba no ayuntamiento e….

    ¿Quen carrallo sabe quen é a alcaldesa si aqui son todos a jobernar?

    E a carta foi de volta.

    Responder
  5. Paspallas

    Non dades unha carallo, a carta devolveuna o carteiro porque Antonio o do Banco que vive arriba de Correos díxolle que en Cesures non había alcaldesa ninguna, que seguía Angueira….

    Responder
  6. Tachenko

    Si para que nos chege unha carta a calqueira ciudadano de a pé hai que poñer certos datos, pois a ela tamén, ou que, ¿e mais ca nos?.
    Sabariz, o teu cinismo e incríble. Tes cousas de nenos. Ti, como cargo público o unico que debías facer é explicar o que ten que facer cada cidadán cando se escribe unha carta. Xa sabes, o descoñecemento da lei non implica que non a teñas que cumplir. Mira ti porque cando eramos pequenos poñíamos: ” Para los reyes magos”. Dirección: “Oriente”. Penoso Sabariz, penoso.

    Responder
  7. Tachenko

    E DESPOIS DIS QUE NON UTILIZAS ESTA PAXINA POLITICAMENTE…

    Responder
  8. Luis Angel Sabariz Rolán Redacción

    Realmente non sei a que ven este comentario extemporáneo sobre unha curiosidade publicada hai máis de ano e medio. Non te vexo ben “Tachenko”. En calquera munnicipio cando unha carta ven dirixida ao alcalde ou alcaldesa, nomeando o cargo, o normal é que se entregue coa correspondencia do propio concello. Devolvela a orixe coa inscrición de enderezo “descoñecido”, ten un pouco de coña.

    Responder
  9. manolo o do bombo

    Pois no vexo normal ,aqui mais ou menos todos temos motes,e as cartas teñen que vir con nonbres y apellidos,fixo ven en mandala de volta.

    Responder
  10. Tachenko

    Home, outro extemporaneo e que tampouco o verás ben, ¿non?, Sabariz. Cando as cousas son como son, pois son. Si o comento agora e porque non me fixei na data, pero si o vise naquel momento pensaria o mesmo, de todolos xeitos xa vexo que ti tamen pensas igual ca hai dous anos, e pareceche anecdótico. Si che parecese así non o publicarías, e moito menos o comentario despectivo cara correos, que tan só cumpriron co seu deber e fixeron o que nos farían a calquer cidadan de a pé, o correcto.

    Responder

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.