En Cesures comen las uvas por anticipado.
Los Reyes tienen un ayudante muy especial: el Cartero Real, que es el encargado de recoger todas las misivas de los niños. Con tal motivo, este enviado estará en Pontecesures el día 31 para recorrer todos los lugares del municipio durante la mañana. Su trabajo finalizará a las 11,30 horas en la Plazuela cesureña donde los más rezagados todavía podrán entregarle sus cartas. A las doce, todos los niños podrán tomar las uvas para despedir el año 2007 anticipadamente y acompañados de las campanadas del reloj de la iglesia.
Especial Navidad 07. DIARIO DE AROUSA, 24/12/07
6 comentarios
laranxa · 30-12-2007 a las 22:54
¡Xa non saben como sair na tele!¡Mira ti que tomar as uvas as doce da mañá…iso si que é afan de protagonismo e o demais é coña,polo menos que foran mais orixinais é convidaran a tomar doce melons polo menos sairian na tele por «raros» é non por copions.
Luis Angel Sabariz Rolán · 31-12-2007 a las 09:52
Para mín organizar unha festa, sobre todo para os nenos, coa visita do Carteiro Real e coa despedida do ano con uvas e conguitos, non é afán de protagonismo algún. Os colaboradores desinteresados que posibilitaron isto están a traballar con moita ilusión. O de vir a recoller algunhas imaxes a TVG foi unha iniciativa do medio público. Ogallá saia todo ben.
area · 31-12-2007 a las 12:41
A programación do nadal este ano deixa moito que desexar. Hai algo máis cá cabalgata?
Luis Angel Sabariz Rolán · 31-12-2007 a las 14:48
Realmente, «laranxa», penso que foi un éxito o acto celebrado este mediodía na Plazuela. Felicito ós colaboradores que desinteresadamente traballaron en favor da festa. Moitas grazas.
Mira, «area», xa hai tempo foi repartida a programación de nadal. Cine no Centro Social houbo os días 26 e 27 e haberá os días 2 e 3 de xaneiro. Teatro no mesmo local haberá o día 4 de xaneiro. Houbo o día 28 a carreira pedestre. Houbo torneos de fútbol sala e de baloncesto. Saíu hoxe o Carteiro Real e despedimos o ano nenos e maiores na Plazuela. Haberá o día 5 a Cabalgata de Reis.
O día do Patrón actuará a Banda de Valga, haberá unha xornada de Educación Vial no pabillón e teremos un festival de corais na Igrexa…
Parece que comentas con sorna, «area», que non hai nada. Infórmate primeiro.
area · 3-01-2008 a las 10:37
Sinto a sorna do anterior comentario.
? certo que existe unha programación cultural, pero considero que é moi pobre e non afecta a tódolos públicos.
O deporte, desgraciadamente, é para a poboación masculina. A coral, para pouca xente, de feito non tivo moito éxito. O resto das actividades son para os nen@s, ou familiares.
Considero que falta oferta para a xuventude, e para un público adulto.
Estiven ollando as programacións do nadal doutros concellos e poderíanse sacar boas ideas para aplicar en Pontecesures noutras ocasións. Todo está inventado, é cuestión de estar cos ollos abertos, ser receptivos e querer facer.
Espero que se fagan actividades formativas, culturais e deportivas para a xuventude e maiores durante o resto do ano.
Luis Angel Sabariz Rolán · 3-01-2008 a las 12:00
Por favor, «area», o deporte no Nadal non só foi programado para os homes, e participaron bastantes mulleres. O recital de corais aínda non se celebrou…
¿Que hai que facer máis actividades?. Por suposto, pero axeitadas as posibilidades orzamentarias, naturalmente.