O temporal está a causar danos en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Así nas últimas horas, caeu derrubada, por mor do vento, unha barreira do paso a nivel de San Xulián (rúa Cantillo). A estas horas a deficiencia xa foi corrixida por persoal de ADIF.
Tamén unha das árbores pequenas do paseo peonil que vai dende o paso elevado pola N-550 ata o CPI Pontecesures (paseo «verde»), caeu arrancado polo vento.
Por último, tamén están afectando á estrada autonómica Pontecesures-Baloira, unhas árbores que caíron sobre a mesma despois da ponte sobre a Autopista (lémbrase que é o vial que vai para A Estrada). Forzas da Garda Civil dirixíanse á zona a primeiras horas da tarde.


2 comentarios

Terabyte · 15-01-2008 a las 19:59

Por se non se sabe. A rede que fai de peche á pista deportiva situada ao final do peirao, pista que xa estaba pechada, en prevención de danos, ao día de hoxe a rede que amenazaba derrumbarse está suxeita polas farolas que están ao seu carón, de seguir o vento os coches que transiten por alí corren serio risco.

Ao Concello:(sexa ou non da súa competencia) convendría derrumbar aquelo, ou darlle solución inmediata.

Queda dito.

Repito, por se non se sabe.

Luis Angel Sabariz Rolán · 15-01-2008 a las 20:53

Grazas «Terabyte», pola nova. O domingo pola mañá estivose comprobando ese valado da pista. Posiblemente mañá persoal municipal tratará de fixar provisionalmente a rede. ? certo que hai que tomar unha decisión definitiva con este peche que está en moi malas condicións.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.