O temporal está a causar danos en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Así nas últimas horas, caeu derrubada, por mor do vento, unha barreira do paso a nivel de San Xulián (rúa Cantillo). A estas horas a deficiencia xa foi corrixida por persoal de ADIF.
Tamén unha das árbores pequenas do paseo peonil que vai dende o paso elevado pola N-550 ata o CPI Pontecesures (paseo “verde”), caeu arrancado polo vento.
Por último, tamén están afectando á estrada autonómica Pontecesures-Baloira, unhas árbores que caíron sobre a mesma despois da ponte sobre a Autopista (lémbrase que é o vial que vai para A Estrada). Forzas da Garda Civil dirixíanse á zona a primeiras horas da tarde.


2 comentarios

Terabyte · 15-01-2008 ás 19:59

Por se non se sabe. A rede que fai de peche á pista deportiva situada ao final do peirao, pista que xa estaba pechada, en prevención de danos, ao día de hoxe a rede que amenazaba derrumbarse está suxeita polas farolas que están ao seu carón, de seguir o vento os coches que transiten por alí corren serio risco.

Ao Concello:(sexa ou non da súa competencia) convendría derrumbar aquelo, ou darlle solución inmediata.

Queda dito.

Repito, por se non se sabe.

Luis Angel Sabariz Rolán · 15-01-2008 ás 20:53

Grazas “Terabyte”, pola nova. O domingo pola mañá estivose comprobando ese valado da pista. Posiblemente mañá persoal municipal tratará de fixar provisionalmente a rede. ? certo que hai que tomar unha decisión definitiva con este peche que está en moi malas condicións.

Deixa una resposta a Terabyte Cancelar a resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.