La Diputación desinfecta los archivos de Pontecesures, Valga y Catoira.
La Diputación de Pontevedra invertirá este año cerca de 12.000 euros en labores de desinfección, desinfectación y desratización de los archivos municipales de 46 concellos de la provincia. Entre ellos se encuentran los de Pontecesures, Valga y Catoira.
FARO DE VIGO, 27/01/08
4 comentarios
manolo · 29-01-2008 a las 00:33
Bravo pola diputación de Louzán, aos archivos de pontecesures boa falta lle fai, Aquí, en cuarentena, deben de estar os papeis que Baliñas lle pide ao tripartito e este se nega.
Ratos non sei, pero ratas no concello hai.
Din os funcionarios que hai unha grandiiiisima.
Tamén hai unha toupa que non a rasca, e pasa todo o día no galicia por nn sei cantos centos de euros ao mes.
Moi boa Sabariz, hoxe estivo hasta simpático intercedendo para que lle pasaran a documentación a Baliñas, poi recordaba aqueles tempos nos que lla negaban a el.Moito te riches e gustoume verte facelo.
Así vamos ben Sabariz, con sentido do humor!
Un dez.
Luis Angel Sabariz Rolán · 29-01-2008 a las 15:40
Naturalmente defendo que tódolos concelleiros teñan a documentación que soliciten con toda celeridade. Segundo me informei hoxe, os datos solicitados sobre os ingresos e gastos de escola infantil de 2006 e de 2007 xa os ten o Sr. Baliñas na oficina da traballadora social hai tempo. Houbo malentendidos entre a alcaldesa e o concelleiro nacionalista (que si lle chamou por teléfono, que si lle ía contestar por escrito, dicia a primeira; que non, que non sabía nada de cando tiña que ir, dicia o segundo…). O marxe desta incidencia, o que dixen no pleno ó Sr. Baliñas é que non se fixera a víctima, lembrando o calvario que paseu cando o ex alcalde me negaba sistemáticamente tódolos datos como concelleiro da oposición. Ogallá non teñamos que soportar no concello unas actitudes tan pouco transparentes e vexatorias como as que puxo en práctica o Sr. Álvarez Angueira (ata tivo que intervir o Valedor do Pobo), e non podemos esquecer que o Sr. Baliñas toleraba e incluso «jaleaba» despois dos plenos as manobras antidemocráticas do seu líder.
O Rei · 29-01-2008 a las 18:50
Sabariz, buscas calquera escusa para lembrar o malos que eran os vosos predecesores. Lémbralo case en cada comentario que fas. Deberías preocuparte máis de ensalza-las cousas positivas que estades facendo, pero non comparando co malos que eran ou a mala xestión dos anteriores, iso non xustifica nin garantiza nada.
Luis Angel Sabariz Rolán · 29-01-2008 a las 20:16
Para que non se repitan nunca no concello as actitudes de omisión da información ós concelleiros, de negativa a contestar ás preguntas nos plenos, de «clausura» voluntaria da fotocopiadora ós membros da oposición, do incumprimento dos acordos plenarios, e outras polo estilo (foron a tónica xeral nos últimos tempos do Sr. Alvarez Angueira na alcaldía), hai que lembrar e ter presente o pasado. ? a memoria histórica en pequeniño. Non se pode dicir agora: Xa non estamos no goberno, aquí non pasou nada. Pasou, «O Rei», pasou, e houbo quu aguantalo.
Tí non viches sair ó Sr. Baliñas nos plenos cando formaba parte do goberno, e o seu líder levantaba ós plenos sen contestar ás preguntas da oposición, reíndose de nós cando protestabamos e elevaba os brazos para que seguíramos na protesta. Pero eu sí.