A canle do río Sar.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Dende que a Xunta do presidente Fraga construiu a canle de derivacion do río Sar ao seu paso por Padrón, ven prestando un servicio co que se recoñecen a enorme importancia e trascendencia que tal canle veu a significar .

Anos e máis anos levabamos os padroneses padecendo as graves consecuencias dos frecuentes desbordamentos do Sar coma se dun castigo bíblico se tratase. As enchentas asulagaban prazas e rúas, baixos comercias e das vivendas e convertían todo o pobo e alrededores nun enorme mar que nos viña a recordar as orixes do primitivo e histórico porto de Iria Flavia, onde co tempo arribaría a barca cos restos do Apóstolo Santiago.

Os considerables danos e problemas, sobre todo para o comercio e industria, e en xeral para o pobo, son coñecidos sobradamente por todos.

Por eso a construcción desta canle veu ser coma unha bendición para os padroneses, que dende entón ??en boa hora sea dito?? non se volveu sufrir semellante castigo.

? pois preciso que se cuide a súa conservacion en estado óptimo. Por eso estes días, percorrendo o seu curso a horas da marea baixa, chamounos a atención ver no seu cauce polas de arbores e outros obxetos sólidos que a corrente das augas foi arrastrando quedando depositadas no fondo en numerosos puntos da canle.

E dado que dende a súa construcción nunca se limpou, e doado agora comprobar tal necesidade antes de que eses obstáculos en tempo de choivas dificulten o desafogo das augas.

José Castro Cajaraville, Cronista de Padrón.
TIERRAS DE SANTIAGO, 05/02/08


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.