A canle do río Sar.
Dende que a Xunta do presidente Fraga construiu a canle de derivacion do río Sar ao seu paso por Padrón, ven prestando un servicio co que se recoñecen a enorme importancia e trascendencia que tal canle veu a significar .
Anos e máis anos levabamos os padroneses padecendo as graves consecuencias dos frecuentes desbordamentos do Sar coma se dun castigo bíblico se tratase. As enchentas asulagaban prazas e rúas, baixos comercias e das vivendas e convertían todo o pobo e alrededores nun enorme mar que nos viña a recordar as orixes do primitivo e histórico porto de Iria Flavia, onde co tempo arribaría a barca cos restos do Apóstolo Santiago.
Os considerables danos e problemas, sobre todo para o comercio e industria, e en xeral para o pobo, son coñecidos sobradamente por todos.
Por eso a construcción desta canle veu ser coma unha bendición para os padroneses, que dende entón â??en boa hora sea ditoâ?? non se volveu sufrir semellante castigo.
Ã? pois preciso que se cuide a súa conservacion en estado óptimo. Por eso estes días, percorrendo o seu curso a horas da marea baixa, chamounos a atención ver no seu cauce polas de arbores e outros obxetos sólidos que a corrente das augas foi arrastrando quedando depositadas no fondo en numerosos puntos da canle.
E dado que dende a súa construcción nunca se limpou, e doado agora comprobar tal necesidade antes de que eses obstáculos en tempo de choivas dificulten o desafogo das augas.
José Castro Cajaraville, Cronista de Padrón.
TIERRAS DE SANTIAGO, 05/02/08