E TRAS LER A NOVA NO PERI?DICO…

Publicado por cockydaponte o

o concello dignouse a, polo menos, tapar o oco con un taboleiro de madeira.
Tras 9 días sen cristal na porta, por fin se medio-solucionou o tema, xa que aínda que sexa un apaño provisional(AGARDAMOS) polo menos agora, podemos volver a deixar alí algunhas cousas que nesta semana non podíamos deixar: bebidas, a “play” coa que xogamos o campionato de PES8 os sábados, etc.
Dende aquí agradecemos a pronta actuación do concello, xa que segundo os responsables do mesmo, non tiñan coñecemento algún desta situación, e parece ser que en canto se enteraron…déronlle solucion….será que non visitan moito esta páxina….

A PORTA SEMIARRANXADA 20/02/2008


4 comentarios

cockydaponte · 21-02-2008 ás 11:06

Quero agradecer tamén os administradores desta páxina que me ofreceran a posibilidade de crear entradas na web e poder así, entre outras cousas, reflexar o pensamento da que penso a maioría dos meus veciños.

O Rei · 21-02-2008 ás 17:30

O teu é insistencia. Sí señor, parabéns “cokydaponte”, logo de todo o que loitaches parece que che comezan a facer caso os gobernantes de turno. Serías un bo candidato…

cockydaponte · 21-02-2008 ás 18:47

jeje, non é tanto…e o que é máis…creo que esto aínda non rematou…

xiana cores · 22-02-2008 ás 01:00

Noraboa cocky por fin che fan caso.Ainda que a verdade a Ponte ten moitas mais demandas xa que esta esquecida totalmente.Eu pensei que indo xente da Ponte nas listas vencedoras se ian a acordar un pouco mais do seu lugar pero xa vexo que non.Poñedelle as pilas a todas esa xente e que empezen a mirar un pouquiño por vos que xa vai sendo hora.

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.