O 6 de abril, II Feira do Automóbil Antigo en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

thumb_cartel_automobiles_antigos_2008.jpg

O domingo 6 de abril celebrarase en Pontecesures esta importante feira que vai ter este ano importantes atractivos. Lémbrase que o mesmo domingo tamén se celebra a Festa da Lamprea 2008.

Este evento é organizado pola Asociacion «Mirandolle os Dentes» de Pontecesures, e o Concello. 


4 comentarios

DANIEL SEIJAS S.L. · 22-02-2008 a las 02:36

Non sabía que existía en Pontecesures unha asociación interesada nos coches vellos e nas Feiras do Automóbil de Ocasión e alegrome dixo(dixeronme que estan facendo unha tese doutoral na USC ,onde se fala deste tema e do que se nomea en parte nunha gráfica no libro da Historia de Galicia de La Voz de Galicia (2008) e no de Historia Contemporanea de Galicia da Ed.Ariel (2005)no apartado que escribe o catedratico Lourenzo Fernández Prieto).Espero que pronto poidamos ver a V Feira do Automóbil de Ocasión e Exposición Industrial e Comercial en Pontecesures,que se volva a falar de nos en toda España coma pasou nos anos 1925,1926,1950 e 1954,sería un bo aliciente para levantar a autoestima dos nosos veciños.Si daquela,con moitos menos medios fixose o que se fixo,hoxe non ia ser menos.
Por certo que o nome «Mirandolle os dentes» foi o mellor que puideron escoller,en lembranza as caricaturas que realizou Castelao no xornal Galicia de Vigo,onde plasmou mellor que ninguen a feira de Cesures,cando comparaba aínda a venda de coches coa do gando.

cockydaponte · 22-02-2008 a las 08:59

Hola Seijas, e a todos en xeral.
A seijas lembrarlle que aínda tamos agardando pola documentación esa da que falaba hai unhas semanas…e que dixo que nola ía a facilitar.
Por outra banda, deixo aquí o enlace a unha foto da feira do automobil do ano 1950 que se celebrou no campo da Insua, na Ponte.

http://www.fileden.com/files/2007/7/2/1231530/INSUA.bmp

DANIEL SEIJAS S.L. · 22-02-2008 a las 18:48

Para Cokydaponte : Pois fai unhas cantas semanas que lle pasei unha fotocopia do xornal «Diario de Pontevedra» de 1913 a un compañeiro voso.E polo resto que vin fai tempo,estou mirando outras cousas no arquivo e a ver si de paso cadrame atopar outras cousas que vira fai tempo nos xornais da época.Vos tranquilos que si aparece xa vos aviso,que este tipo de choios aparacen ou non aparecen,según lle cadre.un saúdo.
E sobre o cartel anunciador da Feira do 6 abril,supoño que sairá na revista de marzo,xa que nas revistas «Motor Clásicos» e «Coches clasicos» que eu teño do mes de febreiro non aparece ese anuncio (eu se cadra ando chosco e non os vin,je,je)

Luis Angel Sabariz Rolán · 22-02-2008 a las 20:19

Tes razón Seijas, o anuncio sae no exemplar de marzo de «Motor Clásico». Perdoa o erro.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.