Parellas de «Escenas de matrimonio» en Valga.
Pepa e Avelino foron uns dos protagonistas da noite.
O Auditorio de Cordeiro foi o escenario que elixiron o ??Día do pai? tres parellas moi peculiares e coñecidas por todos; eles son Pepa e Avelino, Concha e Moncho, e os ??churris?. Os seis membros da ??Escola de Teatro do Concello de Valga? protagonizaron ??Escenas de matrimonio?.
A representación tivo unha duración aproximada de trinta minutos e o público quería máis. Amor, humor, un escenario sorprendente e tamén música foron os elementos que engancharon a un público entregado que desfrutou unha vez máis co teatro.
Pepa e Avelino, que levan casados cincuenta anos; Concha e Moncho, que hai vinte deron o ??si, quero?, e os ??churris?, que aínda están a desfrutar da lúa de mel, xa que hai pouco tempo que pasaron pola vigaría, tratan diferentes temas que afectan á convivencia diaria.
Temática. O amor segundo van pasando os anos, a comida e tamén as relacións íntimas son algúns dos puntos que arricaron os sorrisos do público ante as diferentes opinións dos protagonistas.
A representación, que nace con intención continuísta, está composta por seis ??sketches? nos que tratan seis temas distintos e que van introducidos por unha canción que xa adianta o que tratarán; así soaron pezas como ??Juntos?, de Paloma San Basilio, ou ??Os bistéqueles?, de A roda.
Os encargados de dirixir a Escola de Teatro de Valga, Juan Ramón Angueira e Begoña Piñeiro, xunto cos integrantes da mesma, querían facer algo diferente para darlle pulo á escola, e a idea elixida polos seus membros foi a recreación teatral do programa televisivo aínda que con certas modificacións posto que a intención era adaptar o formato á vida cotiá de calquera parella galega.
DIARIO DE AROUSA, 21/03/08
0 comentarios