Aclaración sobre a II Feira do Automóbil Antigo de Pontecesures
Estes días estiven lendo diversos comentarios sobre a segunda feira do automóbil antigo de Pontecesures e gustaríame facer algunhas aclaracións sobre diferentes temas que pasaron na organización da feira. En primeiro lugar,para opinar sobre o tema de quen axudou ou deixou de axudarnos,de quen pagou os gastos,dos invitados,dos empregados que aportou o concello, etc ,etc?hai que coñecer os feitos e vexo que moitas das persoas que falan sobre isto non coñecen nada do que na realidade pasou.Cando Mirándolle os dentes tomou a decisión de organizar esta feira,puxo sobre a mesa do equipo de goberno unha relación de necesidades da organización que constaba duns vinte puntos diferentes e deixaba ben claro quen ia a ter o mando na organización do evento e pedía apoios puntuais do concello en determinados momentos, enténdase chamar a determinadas institucións,( Deputación, Consellerías, Fundación Caixanova ,etc) , e persoal do concello para traballar no movemento dos vehículos.
O mesmo tempo eu persoalmente pedinlle o equipo de goberno que nos deixaran traballar e non fixeran política disto ,que esta feira era de Pontecesures,non era do PP, non era de Sabariz , non era de Maribel e por suposto non era do BNG. Isto foi imposible de acadar,dende o primeiro momento todos foron problemas internos,que se un quere unha cousa, outro quere outra, un quere no cartel concello de Pontecesures solo, outro quere que poña concellería de cultura, que o cartel ten que ser así ou asado, que non queren que o faga con determinado deseñador gráfico (un gran profesional que perdeu moito tempo con nos e ten o negocio neste pobo) porque e Parente de tal, etc ,etc?
O señor Sabariz sabe que nos o pouco de empezar con este tema ante os continuos problemas convocamos unha reunión no concello (xa estavamos cansados de que nos convocaran nas tabernas para falar dunha cousa seria como era isto) para falar sobre o tema pois estavamos dispostos a abandonar o proxecto, a dita reunión pedimos que fosen convocados os once concelleiros do noso pobo. Cando chegamos á mesma estaban Sabariz e Rey e ó resto ninguén os chamara. Á media hora chegou a alcaldesa que non tiña nin idea de nada de isto, alí volvemos a deixar claro quen organizaba o tema e houbo un momento no cal decidimos abandoar o proxecto ante as trabas que surxían, ante o cal o señor Sabariz púxose un pouco alterado, petou sobre a mesa e dixo que había que ir adiante co proxecto e que el íase implicar no mesmo e axudarnos, que ía facer montes e moreas e o final non fixo absolutamente nada pola feira, e cando confiei en el para o da roda de prensa no Olivo, xa sabedes como acabou todo. Puxeron a roda de prensa da lamprea o mesmo dia ca nosa , a da feira estaba prevista para as sete da tarde e eles puxeron a súa no concello as seis, así conseguiron ter catorce periodistas na da lamprea e reventar a nosa no Olivo, a cal estaba feita cun montaxe moi importante e habendo pedido favores a moitas persoas. O salón de plenos daba pena, as cinco e media estaban fregando o piso e as seis estiveron Maribel ,Sabariz e Rey, catorce periodistas, e de público eu mesmo, Potel e a súa señora. As seis e vinte acabaron e a maioría dos medios marcharon porque dixeron que non esperaban ás sete, esta fora una xestión que eu confiara a Luis Sabariz, de aí surxíu o noso enfado posterior con el o cal para min xa e pasado e esta esquecido.
Durante os corenta días que pasei en contacto co concello nunca fun capaz de ter unha solo reunión con todo o equipo de goberno, sentinme como alguén que embarca nun barco á deriva sen capitán , cunha vía de auga , e ca tripulación amotinada. A Alfonso non o vin diante , se viña Maribel non viña Randulfe, se viña Randulfe non viña Sabariz, etc, etc.
Eu en particular o único que vin traballar polo tema foi a Suso Rey que puxo gañas e tempo con nos, o resto nada. De todos os puntos das necesidades da organización, a maioría deles, o concello foi sistematicamente incumprindos. Eu particularmente perdín moito tempo do meu traballo e da miña familia por este tema e non mirei que simpatizara máis polo PP, por Maribel, ou por Angueira ou que facendo isto fora conseguirlle mais votos a un que a outro, simplemente cría neste proxecto estivese quen estivese.
Pasei mais traballo explicándolle as cousas e loitando con eles, que en facer a feira. Nada do que se fixo na feira foi a capricho de ninguén , todo foi estudado e meditado,gustase ou non gustase a alcaldesa ou a Randulfe, dende o texto das placas, onde as entregaban, quen as entregaba,a quén se lle daban placas, etc , etc? en todo se querían meter e manipulalo.
Hai comentarios que falan de que o concello pagou este tema, a realidade e que nós, conseguimos cun proxecto por escrito( feito por nós) que entregamos na Deputación que estes aportasen 15 mil euros para a feira do automóbil ( non para a lamprea) e co mesmo proxecto a fundación Caixanova aportara 3 mil euros para o mesmo fin( para festas gastronómicas non da nada). En total para isto, 18 mil euros. Xa non nomeo outras empresas que aportaron en conxunto, Feira-Lamprea, polo tanto o concello a feira do automóbil non lle custou nada, e mais,ístos 18 mil euros que eran unicamente para a feira do automóbil non foron gastados todos na mesma. A dia de hoxe, a nos ninguén nos chamou nin nos dou un solo número referente á feira, tampouco llos vou a pedir, alá cada un ca súa conciencia, houbo una conta aberta para a feira da cal nos non tiñamos nin idea dela, nin nada nos dixeron. Cando pedimos persoal do concello case se ríen de nos, mandáronnos unha tarde a tres persoas, o resto foi persoal pagado por nós e do noso peto, furgonetas nosas e dos nosos amigos, co noso gasoil, co noso diñeiro e non co do concello como di algún por aí. Para eles a feira acabou o domingo, para nos acabou o martes ás sete da tarde cando levamos o PO-02 a Combarro e quedaron as carpas valeiras, aí acabou a nosa feira.
A famosa pulpada do luns foi pagada con cartos nosos, estaba previsto que fose una festa de unión na cal ían a ser invitados todos os concelleiros e empresas que colaboraron con nos,xente que traballou nisto, pero despois do trato que nos dou o equipo de goberno, ¿Cómo vamos invitar a alcaldesa que pasou olimpicamente de nós?, ¿ Como vamos invitar a Sabariz si nos fallou?, ¿ A Randulfe que non fixo absolutamente nada?, o único que ia ser invitado era Suso Rey pero ese luns estaba no hospital.
Esa pulpada non era do BNG, nela estaba xente de Santiago, Lalín, Vilagarcía, A Pobra, A Coruña,Padrón, Silleda e por suposto os propietarios do PO-02, tamén xente do pobo que estivo traballando no tema con nós.
Outra cousa, a carpa non estaba valeira , continuaba tendo vehículos dentro que foron devoltos os seus donos o martes. Potel e eu vixiamos durante a noite todo iso, pois dende o domingo á noite, xa non tíñamos vixiante.
Todo isto quero aclaralo para todos os que fixeron comentarios sobre este tema, inda que non comparta a maneira de facelos, pois é moi fácil falar sobre algo escudándose no anonimato , con nomes tan bonitos como Cara de Cona, Charly , Tiroliro, Breogán, etc , etc..
Polo tanto, a min ninguén destas persoas que non firman o que din me merece ningún respecto nin me poden querer dar leccións de educación ou saber estar.E para o ano que ven haberá III feira do automóbil antigo de Pontecesures, e para todos os que criticades, están as portas abertas de Mirándolle os dentes para vir a traballar e aportar ideas, e facer de todo isto un evento a nivel nacional para encher o noso pobo de milleiros de visitantes.
A feira é do pobo, non é de ningún político e vai haber feira este o PP, este Maribel, Sabariz, angueira ou este perico de los palotes.
E se quedou alguén con algunha dubida sobre o tema da feira eu non teño ningún inconvinte en explicarlle persoalmente o que sexa sobre isto.
Asdo: Antonio Ferro Trasande
Vicepresidente Mirándolle os dentes
13 comentarios
Luis Angel Sabariz Rolán · 19-04-2008 a las 10:18
Sen ánimo de polemizar e por alusións, quero puntualizar o seguinte:
1-? certo que din un «golpe na mesa» para que o concello asumise a totalidade dos gastos que demandaba a asociación organizadora ó considerar que ía ser (como así foi) un evento de moita relevancia para esta vila.
2-? certo que non me ocupei como concelleiro de aspectos organizativos. Ocupáronse outros membros do grupo de goberno, e persoal do concello.
3-Como adquirin ese compromiso, e coa mellor intención, o 29 de marzo enviei una nota de prensa ós medios convocando as presentacións o día 1 de abril da Festa da Lamprea (18 h.) e da Feira do Automóbil (19 h.). Entregueille copia da nota tanto á asociación como ó concelleiro de cultura (que foi o que fixou a hora para a rolda de prensa da festa gastronómica). Fixen xestións telefónicas tamén para que viñera o maior número de medios. Cando rematou o acto la lamprea, dous medios (TVG e La Voz de Galicia) anunciaron que non podían esperar ás 19 horas e tiñan que irse. A correspondente do medio escrito, Bea Costa, explicaba con claridade que recibiu a convocatoria correctamente, pero tiña presa. A pesar disto e de que eu fun un mero comunicador (non organizador dos actos, ollo), os membros da asociación comenzaron a desacreditarme con xestos e expresións como: «o culpable é Sabariz», «éstes do grupo de goberno son unha banda», etc.. Xa no Olivo o presidente da asociación botoume fóra do recinto, aínda que logo me chamou cando estaba na beirarrúa e entrei de novo, por razóns institucionais, e presenciei parte do acto.
Quero salientar que dous medios se foron si, pero outro, que non estivera na presentación da festa da lamprea, El Correo Gallego, si estivo na da feira do automóbil.
4-Por estes feitos, presenciados por tódolos medios de comunicación, e pola falla de respecto, aparteime totalmente dos actos festivos do día 6 e, por suposto non era merecedor, nin tiña gañas, de acudir a ningunha «pulpada».
5-Non entendo como se pode dicir tantas veces que tódolos concelleiros, tamén os da oposición, tiñan que ser convocados polo concello para involucrase na feira. Todo moi bonito, pero o ano pasado na 1ª edición a asociación non se lembrou dos concelleiros que estabamos na oposición absolutamente para nada. Particularmente a mín non se me dixo nin media palabra,(nin dende o goberno municipal nin dende a organización).
6-Non vexo nesta nota aclaratoria tan detallada, o labor que fixeron os compañeiros do BNG na corporación para potenciar a feira.
Como resumo: a asociación organizadora quixo deixar moi clariño sempre que a feira non era mérito do goberno municipal, non fora a ser que se enfadara o BNG (tanto o ex alcalde como as autoridades da Dirección Xeral de Turismo, e as do Xacobeo que están en mans nacionalistas, etc..). Polos representantes políticos que asistiron á famosa «pulpada» do día 7 de abril dedúcese todo.
¿Que non houbo politización por parte dos organizadores? Cando se da tanta explicación con referencias a que lles da o mesmo quen está a fronte do goberno, mal asunto. Excusatio non petita…,accusatio manifesta. Este dito non falla nunca
laranxa · 19-04-2008 a las 11:54
Moi ben pola carta,Antonio Ferro!!!A xente ten que saber a verdade.Ánimo e que o vindeiro ano se acade,a poder ser,un éxito maior.
Vaticanista · 19-04-2008 a las 17:09
Tes que lembrar Ferro aquela frase de San Agustín no su comentario ós Salmos cando dí que «la mayor de las tribulaciones es una conciencia culpable».
Becquer II · 19-04-2008 a las 18:11
Aquí sobró vanidad
y lo digo con cariño
vecino Antonio «Ferriño»
no aprecias la realidad.
El bloque te utilizó,
algún otro mamarracho
lo sabe Fernando «Parracho»
es todo lo que pasó.
Atacas a Maribel
pero el asunto esta mal
si de un grupo cultural
el presidente es Potel.
Pasada ya la «pulpada»
ya no queda solución
cuándo hay poca educación.
no se puede pedir nada.
charly · 19-04-2008 a las 20:30
Quen fixo a nota de prensa e Clara Aldan DIARIO DE PONTEVEDRA
que foi invitada e di.
Destaco curiosamente una amplia representacion del bng.
Sin embargo no habia nadie del Gobierno local actual, raro raro
Esa foi a entrada,o resto son opinions
cocodrilo · 20-04-2008 a las 16:39
Animo a xente de MIrandolle os dentes, e segide para diante e que a Feira do Automovil siga mellorando, e pro ano non contedes con Sabariz porque este non sabe comprometerse con nada nin con nadie.
Pepe de San Xulian · 21-04-2008 a las 10:48
Ay ferriño,ferriño quen non te coñeza que te compre, quédalle moito que aprender a moita xente e ti non eres o mais indicado para enseñarlle.
Tuso · 21-04-2008 a las 13:37
Este ??anónimo? aproveita, Sr. Ferro, este medio para darlle as grazas pola súa nota aclaratoria, xa que nos permite coñecer unha versión nova do acaecido neses días.
Este ??anónimo? cree, como xa comentou nalgunha ocasión, que se a pulpada en cuestión foi pagada por vostedes, teñen todo o dereito do mundo de invitar a quen lle dea a gana. Non creo que fora necesario que dera explicacións sobre ese punto.
Sen embargo, vostede afirma, Sr. Ferro, que a pulpada estaba prevista que fose ??unha festa de unión?, o que me parece un bo propósito, pero que semella que distou da realidade. ¿Pensa de verdade que fixeron unha festa de unión?. Eu considero que, metendo a políticos polo medio, invitar a uns si e outros non, está moi lonxe de xuntar nada (a non ser os seus intereses cos dos invitados).
Dos membros do equipo de goberno, se non entendín mal, parece que só se salva da queima o Sr. Rey, que, casualidade, ese día parece que lle era imposible asistir. Seica os demais membros non fixeron nada. Xa que fai aclaracións, teño curiosidade en saber que fixeron os membros da corporación que non forman parte do equipo de goberno, así como a ampla representación dos seus compañeiros de partido e afíns, para merecer a súa invitación (que non digo que non a merezan). ¿sería invitada tamén esa xente se non pertenceran ao partido que pertencen? ¿todos traballaron para o evento? (Repito que cos seus cartos son ben libres de invitar a quen queiran)
Inda que a decisión era súa, eu no seu caso, se considerara que algúns dos políticos non eran merecedores da invitación, para evitar problemas, non invitaría tampouco aos do signo contrario, e así a ninguén tiña que parecerlle mal. Normalmente, se non hai políticos, non hai problemas.
Cambiando de asunto, por alusións, e referíndome ao pouco respecto que lle merecen os ??anónimos? que escriben nesta web (entre os cales dou por suposto que me inclúe), comentarlle que a min eles merécenme tanto respecto coma vostede. Son persoas que dan a súa opinión, nos guste ou non, e ca que podemos coincidir ou non (curiosamente a vostede parece que só lle molestan os anónimos que lles son críticos).
Estes ??anónimos?, son persoas como vostede, que, por distintos motivos (en xeral, cambiaron os tempos), escriben utilizando un nick para identificarse. Se vostede non sabe quen é cada un é problema seu, pero iso non quere dicir que sexan anónimos. Pense que eles tampouco teñen porque coñecelo a vostede por moito que SE IDENTIFIQUE CON NOME E APELIDOS (¿ou é vostede un personaxe público moi importante e temos obriga de coñecelo?). Se non lle gusta o que di a xente, rebátao (se quere), como fixo na súa nota, pero non trate de descualificar a ninguén solo polo feito de non dar a súa ??filiación?.
Por outro lado, tamén é ben libre de non querer recibir ??leccións de educación ou saber estar? que veñen de xente ??que non firma?. Pero eu pregúntome ¿que terá que ver a educación e o saber estar ca ??firma??. Moitos de nos estamos dispostos a aprender incluso dos seus denominados ??anónimos? e non precisamos de ??firma? (nin cuspir antes de chocar as mans).
Quero terminar pedíndolle disculpas se con anterioridade o ofendín en algo, e agradecerlle de novo a súa nota aclaratoria, así como o feito de que teñan as portas da asociación abertas. Aproveito tamén para felicitarlles polo tremendo éxito acadado nesta edición da feira.
manolo · 21-04-2008 a las 17:38
Home «tuso», tes que recoñecer que dentro dos anónimos, hai moitas categorías, e neste e en todos os foros da rede, estamos plagados de sinvergüenzas como eu, que utilizan o anonimato para largar gratuitamente o que lle dea a santa gana sen pararse a pensar si é certo ou calunnia.
Recoñecer, «tuso», que eres dos que opinan sen ofender nin facer dano a ninguén, sanamente, pero o 90% dos anonimatos desta páxina estan para defender ao seu idolo político, non para defender o que lles parece xusto.
Estos están dispostos a machacar sen escrúpulos aos Srs. Ferriño ou Potel soio para deixar ben parados aos políticos que comulgan con eles.
Todo o mundo ten dereito a expresarse aquí, ou polo menos pode facelo, (con unhas normas) pero máis credibilidade que Sabariz ou Ferriño, ou calquera que o faga con nomes e apelidos, non ten ningún anónimo.
E verdade que non sobra nadie, o que entra no foro é o que ten que ter capacidade para creer o que lle pareza creíble.
aaa · 21-04-2008 a las 18:04
VERGONZOSAS explicaciones y VERGONZANTE vuestra actitud, responsables de ??Mirandolle os dentes?.
Vergonzosa por INCONGRUENTE:
Decis que en el ayuntamiento no colaboraron con vosotros, y reconoces que tuvisteis a Jesús Rey, concejal de Cultura trabajando, y que los obreros municipales estuvieron esos dias en el recinto. Si él fue el encargado de organizar desde el ayuntamiento, ¿a quien mas queriais? ¿Quiénes sois vosotros para decir que tiene que hacer cada miembro del gobierno local? Además los obreros alli estuvieron. Eso, además de decirlo lo vió todo el que pasó por alli: el jueves, el viernes el sábado, (dias de montaje de la feria). ¿Trabajó el ayuntamieto o no?
Mira que llevais hablado estos dias por los bares, todo veneno lo que sale por vuestras bocas. Pero los obreros tambien, y no dicen nada bueno de vosotros. Potel pensaba que aun era la Pascua y que podia tratarlos como a esos ??pobres diablos? que tiene trabajando para él, y que estamos en la época de la esclavitud. Malestar entre los obreros municipales fue lo que le dejasteis. Cierto que ellos cobran, pero el trato…
Invitais a comer a mas de 200 personas en la lamprea, dicho aquí por Sabariz. ¿Y quien pagó esa comida? ¿vuestra asociación, o el ayuntamiento? ?l dice que el ayuntamiento, con dinero de todos.¿Qué criterios seguisteis para invitar a la gente? Si eso no era apoyo del concello ¿Cuánto costó esa comida?
VERGONZANTE
Como responsables de una asociación cultural, teniais que tener un mínimo de tacto y dejar la politica de lado. Aunque la feria es una feria, no se está tratando con feireantes, sinó con instituciones. Y una asociación cultural no tiene que tener ideologías politicas, ni mostrar preferencias. ¿Qué gran mérito montar una asociación para atacar a los politicos (a los de un lado)? A nivel particular si, como cualquier vecino, como asociación no. Si no os gusta quien gobierna, maletas por la puerta y a otra cosa?
¿O acaso Potel, que de ferias sabe un rato, anda de bares por Padrón, a poner a parir al gobierno de allá por como organizó la pascua este año (o anteriores)? ¿Qué interés teneis en atacar a vuestro ayuntamiento? ¿Porque en la pancarta de vuestra asocioçacion no figuraba para nada el ayuntamiento de Pontecesures, que fue al fin y al cabo quien os paga todo esto? Generosos no sois.
MARIONETAS.
El interés se descubrió por si solo: cuando alguien os mueve los hilos por detrás es lo que pasais a ser: marionetas. ¿Qué teneis por detrás al BNG? Pues ya sabemos de quien sois las marionetas. ¿os gustaria que Angueira fuese alcalde? Pero resulta que la alcaldesa es otra, y por cierto, fue muy felicitada por el día de fiesta que se montó.
Largasteis a Sabariz del Olivo, por un incidente con unos periodistas (contado por el y por vosotros aqui mismo). La excusa: que los periodistas no os cumplieron el caprichito de quedarse a vuestra presentacion (2 periodistas). ¿Mandaba Sabariz que no fueran al Olivo acaso? Y como dice Sabariz el que os fue a vuestro acto, que. De ese no tendreis queja.
Y lo mejor al final: Le haceis un reconocimiento a Angueira y al BNG, y Sabariz nos sale con que el propio Angueira os quiso fastidiar la feria, llamando a la xunta para que no os dieran ITV. Ves como sois INCONGRUENTES y PATETICOS, ademas de MARIONETAS. O no sabeis lo que quereis, o blanco y en botella? leche. En vez de ??asociación cultural?, llamaros ??Asociación Politica pro BNG?. Así al menos os quitais la careta. Pero que Angueira os quiera fastidiar y la tomeis con los que gobiernan suena un poco de coña ¿o no?.
manolo · 21-04-2008 a las 18:38
«pobres diablos» que trabajan para el.
Esta é sen dubida a frase do día e do ano de este foro. En un contexto cheo de insultos, cargado de arrogancia e prepotencia. Preocupate de que esas Institucións das que falas non fagan polos bares o mesmo que según ti fai «potel» e despois ao mellor,poida que teñas que calar a boquiña. E aos que lle queiran dar clases de cultura aos de mirandolle os dentes, espero que non poñan como referente aos que lle chaman «pobres diablos» aos que traballan en un choio máis «digno» ca eles, ou aos que desprezan a alguen por ser feireante.
Tal como estan os tempos, ser politico non é mais prestigioso que ser feirante.
Non entro en quen ten a razón, non o sei. Quero recordar solo o enorme éxito da feira do automobil grazas ao enorme traballo de «mirandolle os dentes» coa colaboración do concello.
laranxa · 22-04-2008 a las 11:44
aaa!!!tomate unha tiliña,rociate coa tua colonia de marca cara tipo Channel,ou date un paseiño polo peiro,pero por favor relaxate,relaxate…é malo para a saude.
laranxa · 22-04-2008 a las 11:47
perdón polo de peiro,quería decir peirao