Adriana Rivas participará no VI Certame de Gaiteiros Solistas “Festa do Salmón” da Estrada.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

img48215fdbc393d.jpg

O día 18 de maio, ás 17:00 horas, no Teatro Principal terá lugar o VI Certame de Gaiteiros Solistas Festa do Salmón na Estrada.
A gaiteira de “Algueirada”, Adriana Rivas Seijo, participa neste concurso xunto con 11 gaiteiros máis. Segue a gaiteira cesureña participando en certames de prestixio para mellorar a súa formación ó competir con músicos moi experimentados.

Establécense tres premios, cunha dotación de:
1º. Clasificado: 1000.- euros. e Diploma
2º. Clasificado: 600.- euros. e Diploma
3º. Clasificado: 300.-euros. e Diploma

198c_140330.jpg

Adriana e ó seu monitor Miguel o domingo pasado no concurso de Bandeira.

Categorías: CulturaSociedade

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.