O EXTRUGASA DESPIDE A LIGA NA CASA CUNHA NOVA VICTORIA: 77 ?? 50 E UN NACHO IMPARABLE NA ZONA VISITANTE.

Publicado por fru en

EXTRUGASA RIO ULLA = 77

Gulli (9), Peñaño (15), Pedrito (5), Diego (4), Victor (2), Pino (10), Pedro (-), Nacho (28), Santi (-), Juanjo (4) e Pepi (-).

DORNA de A ILLA = 50

Á falta de saber que vai pasar co partido BBC ?? Extrugasa, pois onte o BBC non se presentou a xogar en Pontevedra, o Extrugasa despediu a liga, na casa cando menos, cunha nova victoria ante un equipo de xovenes xogadores. O Extrugsa conseguiu esta ampla diferencia por que, ó igual que leva facendo nos ultimos partidos, non só non xoga relaxado, senón que parece que non teñan nada feito. Así e coma se explica a motivación ca que afrontaron estes ultimos partidos, intrascendentes para a clasificacion (o equipo hai semanas que asegurou o 1º posto), pero importantes para manter o ritmo.

Hoxe houbo 2 equipos con defensas individuais a maioría do partido, e por parte local Gulli e Nacho dironlle as primeiras diferencias ó Extrugasa (min 5: 13- 9). Pero os isleños encontraban aro con facilidade, polo que saiu Pino para axudar a Nacho a defender atrás, e Peñaño sustituiu a Gulli que se cargou rápido con 2 faltas. Os pivots locais ben anotaban tras pase ou rebote, e o partido estaba animado: 21 ?? 14 ó final do cuarto.

O Extrugasa ia movendo banquillo e dándolle de paso entrada ós menos habituais. Pino e Peñaño mantiñan ó Extrugasa diante (min 15: 28 ?? 18). O equipo xogou por momentos de bo baloncesto, e ia distanciandose cada vez un pouco mais: O descanso xa chegou 12 arriba: 38 ?? 26.

De novo tras o descanso foron Gulli e Nacho os que veian aro e no minuto 25 o resultado era 48- 31. Neses momentos finais do 3º cuarto foi cando o Extrugasa xogou un pouco peor e os da Illa mantéñense uns minutos en torno ós 15 puntos. 55 ?? 40 ó final do 3º cuarto.

No derradeiro, e sentado Pepi cun dia gris, o Extrugasa ponse en zona 3 -2 para practicala, e dalle un dobre resultado: páralle o ritmo anotador ós da illa e permitelle contraatacar facil. Por ultimo o equipo acaba cos 3 senior novatos na pista nos ultimos minutos, e incluso así as diferencias elévanse ata o 77 ?? 50 ca tripla final de Pedrito. Gran partido de nacho que anotou 14 canastras de 17 intentos, ademais de coller 15 rebotes.

Agora a esperar que decide o comité de competición respecta da non presentación do BBC o sábado, e atentos tamén para saber onde vai ser a ??final a 4?, solicitada, entre outros por este club para disputala en Pontecesures o 31 de maio e 1 de xuño.


1 comentario

manolo o do bombo · 18-05-2008 a las 23:46

gulli sempre esta en todas. un saudo.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.