Agora o colexio pouco importa. Nota do BNG de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

cimg0201.jpg

cimg0208.jpg

O BNG informa acerca do mal estado no cal se atopa o CPI de Infesta e o seu recinto escolar. Obsérvase un total abandono destas instalacións que se aprecia a simple vista. Destacamos:
1.- O patio escolar, zona de lecer e esparcemento para os alumnos, atópase con abundante maleza, de máis dun metro de altura e lixo abundante. Nas actuais condicións difícilmente os rapaces poden aproveitar convintemente as instalacións educativas.
2.- Os canalóns do edificio da ESO atópanse totalmente atorados discurrindo a auga da choiva pola parede do edificio, incluso pódese observar baixantes totalmente corroídas polo óxido que, aparte de ofrecer un lamentable aspecto, supón un risco evidente para os alumnos.
Para o BNG o único responsabel do estado de abandono das instalacións educativas é a actual equipa de goberno que ten a responsabilidade e obriga de manter en perfecto estado ditas instalacións, para o cal dispoñen de fondos específicos da administración autonómica.
Ao parecer este goberno prioriza outro tipo de actuacións (actos lúdico-festivos, relixiosos, etc) e deixa de man cousas , ao noso parecer, moito máis importantes como son manter en bo estado as instalacións municipais, en concreto as do CPI de Pontecesures.
18 de maio de 2008
Consello Local do BNG

Categorías: Educación

3 comentarios

laranxa · 20-05-2008 a las 12:29

? de pena!!Pero non me sorprende nada…Cando ves os empregados sacando hervas a man ou con escoba e recolledor,sen mais aperos¿Como van a sacar tanta tanta herba?…A maquinaria é moi cara una desbrozadora costa mais de 300euros,sachos,eixadas e demais estan polas nubes,e non digamos nada dos canalóns!!…Total a herba volve a sair coa chuvia e o bo tempo!!!Hai,.. pero as festas son as festas é paga o Concello

Luis Angel Sabariz Rolán · 20-05-2008 a las 15:09

O pasado xoves comezou a limparse o patio do CPI Pontecesures pola parte traseira do polideportivo e hoxe xa está case rematada a limpeza. ? certo que se debeu de limpar antes cando había máis traballadores/as. ? certo que houbo varias desbrozadoras avariadas e os traballos foron lentísimos. ? certo que as dúas mulleres recentemente contratadas pola Deputación descoñecían o funcionamento destas máquinas.
De tódolos xeitos, hai que aceptar a crítica pola pouca previsión esperando que no futuro non se espere a que haxa tanta maleza.
O das baixantes do edificio é distinto. A calidade dos materiais empregados no seu día na obra de Educación foi lamentable, e xa o concello tivo que afrontar no pasado algunha actuación nos canalóns. Agora, (onte visitou o colexio a unidade técnica da Consellería) todo indica que vai ser a administración autonómica a que instale as baixantes destrozadas. Tamén esta previsto que arranxe a fontanería pois as tuberías que puxeron no seu día no edificio da ESO están en mal estado.

manolo o do bombo · 21-05-2008 a las 15:20

tes razon laranxa ferramentas para os traballadores nada. de nada tempos de franco solo falta a banda de musica do pp.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.