BALONCESTO: PONTECESURES DESIGNADA SEDE DA FINAL FOUR SENIOR
A federación galega de baloncesto ven de confirmar que accede á solicitude presentada polo C. b. Rio Ulla o pasado 23 de xaneiro, pedindo a organizaciónda fase final do campionato ligueiro. Dita «final four» vai ser o vindeiro sábado 31 de maio (2 semifinais), e domingo 1 de xuño a gran final.
Chegan a esta final a 4 os 4 mellores equipos da liga. Cando queda a ultima xornada por disputarse, matemáticamente Pontecesures é o 1º da liga, logo de mais de 7 meses de competición. Cuntis e Portonovo están en 2º e 3º lugar respectivamente, pero segundo se dean os resultados nesa derradeira xornada poderían incluso cambiar de orden. Pola 4ª praza hai ate 4 equipos con posibilidades reais: Motobazar, BBC, e Liceo, de Vilagarcia, e o Gestchal de Cambados. Segundo os resultados desta próxima semana un dos 4 conseguirá o pasaporte para a final.
O formato é: na tarde do sabado 31, as 2 semifinais (2º contra 3º, neste caso Cuntis e Portonovo seguro) e a outra semifinal é a que enfrentará ó Extrugasa Rio Ulla contra o 4º clasificado.
Os 2 equipos que gañen ascenderán, e o domingo 1 de xuño, tamén pola tarde, disputarán a gran final polo título de campeón.
Dende xa imos traballar por que todo este a punto para que se vexa un bonito espectáculo, tratando de mellorar aquelas deficiencias sinaladas pola federación, coma é o arranxo do reloxio do marcador. Para elo temos 2 opcións reais, lograr atopar unha casa que o repare, ou ben lograr un préstamo doutro marcador para este campeonato. Ditas deficiencias xa foron postas en coñecemento do Concello quen será o que teña que atopar a mellor solución.
Esperemos contar cun bo ambiente nas gradas, para que o equipo cesureño logre acadar este título 4 anos despois do último. En días concretaremos os horarios dos partidos, así coma algunha sorpresa mais que serán presentados para a vindeira semana.
3 comentarios
po · 20-05-2008 a las 20:40
noraboa fru!!
xa sabes que nos vamos estar ali animadovos como todos os aprtidos…
xa estamos preparando alguns aparellos para que cando xeguemos nos, en vez de aplaudirvos as vosas canastras nos aplaudan a nos jajaja
eña fru, apor esa liga
hector bermudez · 21-05-2008 a las 17:23
Podemos anunciar que o proximo sabado 31 Radio Valga vai retransmitir o partido de semifinais do clube rio ulla en directo e integramente. sorte
adiosrios · 21-05-2008 a las 23:21
Hombre, pues me voy animar y voy a subir a ver a los chicos del Rio Ulla, animar. Será la primera vez que vaya a ver baloncesto en Pontecesures.
Muy bien por Hector Bermudez, me parece una gran idea y una gran manera de potenciar el baloncesto.
Todos al basket el día 31!!!