Pontecesures pide a Medio Ambiente medidas para evitar máis contaminación no Ulla.
A moción presentada polos concelleiros non adscritos, Sabariz e Diz, aprobouse por unanimidade, aínda que os tres concelleiros do BNG (faltaron Luis Ángueira e Cecilia Tarela) cualificaron esta proposta de “brinde ó sol”, en palabras do voceiro, Xosé Antonio Baliñas. O nacionalista manifestou que o conselleiro de Medio Ambiente volverá “dar esquinazo” a Sabariz e Diz e cualificou a moción de “oportunista” tralo recente vertido de fuel provinte dunha empresa situada en A Matanza-Padrón.
Sabariz replicou que “o BNG de Catoira tamén a presentou e o de aquí esta durmindo”, ó que Baliñas respondeu que a deputada nacionalista Ana Pontón ven de elevar unha pregunta ó Parlamento galego por este asunto. “Moi ben (respondeu Sabariz), pero os concelleiros teñen que facer o seu traballo”, polo que propuxo “que veña Ana Pontón de concelleira para aquí e mandar A Baliñas para o Parlamento”.
DIARIO DE PONTEVEDRA, 28/05/08
0 comentarios