Máis impostos.
O BNG quere informar á cidadanía de Pontecesures acerca do contido do pleno ordinario do pasado luns 26 de maio, no cal foi aprobado por parte do goberno municipal, cos votos en contra do BNG, a posta en marcha dun novo imposto ata agora nunca aplicado en Pontecesures: o imposto da PLUSVALÍA. Este imposto grava o aumento de valor nas transmisións de propiedades e inmobles (ventas, donacións e herencias).
Non entendemos como nos tempos actuais de crise económica nos que incluso moitos concellos están rebaixando impostos, ao goberno local non se lle ocurre outra cousa que activar esta carga impositiva aos veciños. Para nós esto implica sangrar, aos veciños do pobo para asi poder compensar o despilfarro económico que están a practicar gastando cantidades astronómicas en festas asi como compensar o gasto de dúas dedicacións exclusivas que lle supoñen ao concello 80.000 ? ao ano.
O BNG está totalmente en contra desta iniciativa do Sr. Sabariz, e así o manifestou co seu voto contrario no pleno, que foi apoiada co beneplácito da Alcaldesa e, sorprendentemente, polo Sr. Randulfe que prometeu a bombo e platillo unha baixada de impostos na campaña das pasadas eleccións municipais.
Por outra banda, en resposta ás declaracións feitas por Sabariz (tránsfuga político do partido socialista) en referencia á «desorganización política» do BNG, expoñer que, para nós, confunde desorganización con democracia interna cousa que él non é capaz de comprender xa que non a aplicou nas organizacións ás que pertenceu, nas que impuxo sempre o seu criterio personalista e egocentrico. De tódolos xeitos Sabariz pretende con estos comentarios crear unha cortina de fume para ocultar o verdadeiramente importante que é a aplicación deste novo imposto.
Esta maneira de facer política é maís propia dos pallasos de circo que dun concelleiro do goberno, aínda que en Pontecesures tódolos veciños coñecen a Sabariz e saben que non ten escrúpulos á hora de insultar e desacreditar aos seus rivales políticos. Sabariz aplica a máxima de todo vale.
Publicado polo BNG de Pontecesures.
7 comentarios
Luis Angel Sabariz Rolán · 1-06-2008 a las 21:51
Queda moi fino dicir que eu insulto á xente e que fago política de pallaso de circo. Moi bos argumentos os do BNG de Pontecesures.
A este tipo de adxetivos e descualificacións non vou contestar. ? fondo (impostos, recursos do concello, xestións dos gobernantes anteriores, etc..) por suposto que sí. Espero preparar a nota pronto.
veyron · 2-06-2008 a las 16:57
Sabariz, retirese.
Tiroliro II · 2-06-2008 a las 19:19
O Baliñas anda picado polo que se, enganchárono pedíndolle disculpas á Sacapieles pola denuncia do BNG desmarcándose, tenlle medo a xefa de Infesta, agora chámanlle payaso a Sabariz porque non lle temen, vin papeis pedindo a súa dimisión polo pobo, esto vai ser contínuo, non sei se aguantará, a familia creo que lle pide que se marche, penso que non pasa do verano…
manolo o do bombo · 2-06-2008 a las 20:43
e logo tiroliro,picouche a ti baliñas, pois o de payaso a sabariz epouca cousa merecia mais ,el sabe que o pueblo no quere,por algo sera non crees,matanse tanto pola politica pero,para meter no bolsillo .¿ son todos iguales ?
Luis Angel Sabariz Rolán · 2-06-2008 a las 22:21
Evidentemente, «Tiroliro II», a ninguén lle gusta que lle chamen pallaso ou todo o tipo de adxectivos que recibin e que recibo. Tampouco que haxa pintadas e carteis na miña contra. Á miña familia tamén lle disgusta iso, claro. Pero non sei de onde sacas o prognóstico do tempo que vou a aguantar. Non se pode predecir nada en política. Quen sabe.
Opinas, «manolo o do bombo», que o pobo non me quere. Respecto a túa opinión. Pero dicir que me levo cartos xa é o que faltaba por escoitar. Mira, oín de todo sobre a miña persoa, pero teño que dicir ben alto, que ata agora ninguén me acusou de levarme nada. Iso tamén é unha satisfacción.
manolo o do bombo · 3-06-2008 a las 15:07
señor sabariz,eu o dos cartos no dixen por ti pero si te picas,sera por algo enton que esta facendo ahi solo bulto deixe paso a outros,aunque en este pueblo o que interesa e levar o sueldo. ¿ o pueblo que lle den polo saco?
Luis Angel Sabariz Rolán · 3-06-2008 a las 15:31
Polo menos vexo que rectificas e xa non me acusas de levarme cartos. ?s partidario, «manolo o do bombo», polo que vexo, de que deixe a corporación (son un¨»bulto», dis). Pero o dos soldos non o entendo moi ben. Aínda que me vaia, seguirá a haber exclusivas con soldos.¿Ou non?