Premios do concurso de redacción «Letras Galegas 2008» das ANPAS dos colexios da comarca.
Na tarde do venres día 6 de xuño, no Auditorio de Ferreirós-Cordeiro, foron entregados os premios deste concurso para os nenos de 3º, 4º, 5º, e 6º de educación primaria do CPI Progreso de Catoira, CEIP de Baño-Valga, CEIP Ferro Couselo de Catoira e CPI Pontecesures.
Despois de celebrarse varios actos (teatro, pandereteiras e poesía), os gañadores recibiron os premios de mans do alcalde de Valga, José Mª Bello, do alcalde de Catoira, Alberto García e do tenente de alcalde de Pontecesures, Luis Sabariz. Tamén entregaron agasallos os representantes das ANPAS dos catro centros (a de Pontecesures estivo representada pola presidenta Yolanda Vieites Dos Santos), informándose que nesta edición a ANPA organizadora, foi a do CEIP de Baño-Valga.
Os nenos/as premiados foron os seguintes:
Terceiro:
1º-Yolanda Mota Romero do CEIP Ferro Couselo co traballo «A amizade».
2ª-Samuel García Castro do CPI Pontecesures co traballo «O ciclo da auga».
Cuarto:
1º-Javier Fernández López do CPI Progreso co traballo «Que voltas da a vida».
2º-Roi Pereira do CEIP Ferro Couselo co traballo «O cabaliño de buxo».
3º-Antía Sanmarco Martínez do CPI Pontecesures co traballo «A festa da lamprea».
3º-Mª Mar Sanmarco Santos do CEIP de Baño co traballo «O 1º día de colexio».
Quinto:
1º-Álvaro Bandín Eiras do CEIP de Baño co traballo «A primavera».
2º-Carmen Ozores Gago do CPI Progreso co traballo «O soño de Cecilia».
3º-Alejandro Potel Barreiro do CEIP Ferro Couselo con «As apariencias enganan».
3º-Lara Rarís Frois do CPI Pontecesures con «Bubú, un can especial».
Sexto:
1º-Eva Gerpe Limeres do CPI Pontecesures con «Xustiza para todos».
2º-Iria Varela Río do CEIP Baño con «O meu cole».
3º-Isabel Piñeiro García do CPI Progreso con «¡Volta conmigo!».
3º-Xurxo Eitor do CEIP Ferro Couselo con «O can de Antón».
0 comentarios