Desfachatez.
O Grupo Municipal do BNG quere felicitarse pola entrega por parte da Dirección Xeral para o Deporte das instalacións náuticas ao concello de Pontecesures. Esta obra de mellora do náutico cun orzamento inicial que supera con creces os 300.000 euros, supón a finalización dunha aspiración por parte do BNG cando estaba a gobernar. As xestións feitas na anterior lexislatura polo goberno do BNG fixeron posibel que hoxe en día os rapaces e rapazas de Pontecesures poidan practicar piragüismo nunhas condicións óptimas, unha vella aspiración que, sin embargo, non estivo exenta de dificultades.
Esta obra foi contemplada dentro do convenio marco Xunta-Deputación, onde unha vez acordadas as obras a realizar, cada institución emcárgase dunhas determinadas, xunto coa aportación do concello. Neste caso do club náutico a administración executora da obra foi a Xunta de Galicia (Direccion Xeral para o Deporte) e unha aportación municipal de 28.000 ?. A Deputación de Pontevedra non aportou ningún euro a esta obra tal como quere facer ver o PP de Pontecesures, e mais se por eles fora non teríamos hoxe o club nautico mellorado.
Hai que recordar aos veciños que para que esta obra fose hoxe unha realidade, tivo que pasar por varias sesións plenarias para sumarse ao convenio. Tanto o PSOE, PP e a independiente Maribel Castro (hoxe alcaldesa) votaron en contra de que se ampliase e reformase o club náutico, e non só o fixeron unha vez, senón todas e cada unha da veces que foi levado a pleno. O BNG era consciente da mellora que supoñía esta obra e de ahí a insistencia do alcalde (Angueira) de levalo a pleno as veces que fixera falta para non perder esta oportunidade. Só Maribel Castro votou a favor cando se lle asignou unha exclusiva de 1.200 euros (ata ese momento dixo sempre que non).
Resulta decepcionante e patético ver a este desgoberno (descordinados entre si) que intenten ??vender motos? dunha obra na que eles votaron en contra repetidamente. A pesar desta carencia de ética e de escrúpulos do goberno municipal, o importante é que os piragüístas poden feneficiarse dunhas instalacións que antes non tiñan gracias as xestións feitas no goberno anterior do BNG.
Nota de prensa do BNG de Pontecesures.
6 comentarios
Luis Angel Sabariz Rolán · 15-06-2008 a las 11:18
Hai que matizar algunhas cousas:
1-Foi fundamental para a execución da obra do Náutico que se integrase no acordo Xunta-Deputación 2002-2006. Foi unha bolsa global de cartos e ámbolos dous organismos decidiron as obras a incluír, aínda que por operatividade a Xunta adxudicou unhas, e a Deputación outras. Pero en realidade hai que dicir que en todas as actuacións do programa participaron as dúas administracións.
2-Omite voluntariamente o BNG de Pontecesures o meu apoio en tódolos plenos ó investimento. Eles saben que foi decisivo, pero para que non o coñeza o detalle a cidadanía, «nin pío».
O máis esclarecedor nestes temas e sempre o debate nos plenos. Reitero o mesmo: a obra está feita e todos debemos estar de noraboa, especialmente os deportistas e os directivos do Club Náutico.
zapatista · 15-06-2008 a las 20:21
Se o propietario dixo que iba arranxar a sua leira para acadar os teus minimos de salubridade e hixiene dadelle un minimo de confianza xa que deixa a sua leira para que xoguen os nenos. Se non se cumple quitanse e levanse para a chatarra. Dende logo que ganas de desfacerse dos bens públicos. ¿Non seras ti o chatarrero e teraslle ganas as porterias?
Tuso · 16-06-2008 a las 17:13
Eu estou dacordo con recoñecerlle ao BNG todo o traballo que fixeron polo clube nautico, porque así o merecen.
Independentemente do que se poida opinar da mesma, é unha gran obra para o pobo.
O que non me gusta nada é o tono da nota. Creo que visto o historial do BNG local, deberían de reservar a verba «desfachatez», e aplicala un pouquiño a si mesmos, antes que aos demais, non vaia ser que se cumpla o de ver a palla no ollo alleo e non ver a viga no seu.
Ogalla tamén tiveran algún día a dilixencia de sacar notas de prensa para explicar todas esas cousas que quedaron sen aclarar da súa etapa de goberno. ? ou non é tamén desfachatez explicar só o que conven en cada momento? Agora que ninguén lles preguntou, ben que explican, e cando lles preguntan, adícanse a remitir á xente a un xuiz.
manolo · 19-06-2008 a las 12:51
Todo o mundo sabe a quen hai que agradecerlle esta obra.
O que non sei e si hai que agradecerlle a alguén o aspecto exterior da remodelación. Moi bonito o portalón de cristal, pero o resto… Moito bloque para unha obra do bloque