Carlos Maside no esquecemento

Publicado por Antonio Cortés en

Aos 50 anos do pasamento dun dos máis grandes pintores galegos, do que hai un museo en Sada por iniciativa de Díaz Pardo, non hai convocado ningún acto nin exposición.

MAR MATO. A CORU?A. Non hai convocados nin actos, nin exposicións para honrar ao excelso pintor Carlos Maside (Pontecesures, 1897-Santiago, 1958). Hoxe, cúmprense 50 anos do seu pasamento e a pesar de ser un dos máis grandes pintores da nosa historia, mercar un libro sobre a súa obra non é doado. Nunha ollada a varias librerías, non se atopa nada. Mesmo, unha dependenta responde: «¿Carlos Maside? No, no tenemos nada. ¿Gallego, no?».

Carlos Maside prosegue o seu exilio. Non é a primeira vez. Trala Guerra Civil, negouse a emigrar a pesar do seu pasado republicano de esquerdas. Despois, evitou como puido que o «pasearan» para autoobrigarse a non mostrar a sua obra. Agora, é a propia terra que tanto quixo quen parece esquecelo.

A súa figura segue á espera dunha fundación, na mente dos seus herdeiros e de varios amigos como Isaac Díaz Pardo. Centros como o Museo Carlos Maside, – no Castro, en Sada – ou o Museo de Castrelos expoñen os seus cadros mentres obras publicadas noutrora lembran a súa magnificencia. En 1954, Ricardo García Suárez (Xoán Ledo) recollía nun libriño conxunto con Álvaro Cunqueiro: A pintura de Maside é parte do advento da pintura galega. Colmeiro, Laxeiro, Maside, o triunvirato amigo.

Maside gañou unha praza de mestre de debuxo na Escola de Artes e Oficios de Vigo, da que foi destituido no 1937, en plena guerra, acusado de ser amigo de Laureano Santiso Girón, avogado compostelano e masón. Co consentimento deste, no xuízo, Maside declara non coñecelo de nada, cando eran íntimos amigos.

A pesar da mentira, quedou sen praza. «A postguerra foi complicada e pasouno moi mal», reflexiona o seu sobriño Xulio Maside que morou con el en Compostela durante anos. Ás penurias do pintor (que chegou a pintar cadros a cambio de comida no restaurante Mosquito), sumábase a saúde delicada por mor da diabete e mesmo conta Xulio que foi a doenza a que motivou que non quixese casar co amor da súa vida, Maruxa Vázquez, para non lle dar traballo coidándoo. Tanto antes da guerra como despois, Maside relacionouse cos intelectuais e persoeiros da época: Otero Pedrayo, Castelao, Fernández Grassi, Ricardo García Suárez (Xoan Ledo), Fernández del Riego, Valentín Paz Andrade, Xaime Illa Couto, as familias Massó (para quen deseñou etiquetas para as conservas) e Álvarez Blázquez.

Precisamente, adoitaba pasar con esta última os días de verán na casa que alugaban na praia da Foz xunto ao Lagares onde o neno Darío Álvarez Blázquez (pintor e médico xubilado agora) tiña a arela de ser coma el. «Para min, foi un dos bos e xenerosos, un bo de corazón que non tiña nin un chisco de envexa para seus compañeiros de profesión. Nunca se deixaba vencer polo diñeiro. Era prudente, modesto», defende Darío Álvarez.

Este último lembra como Maside, «a pesar de ser tranquilo, era moi visceral ás veces cando defendía unha tese, entón petaba cos dedos indice e medio da man dereita na mesa con forza e facía saltar as xerras, as culleres… Todo o mundo quedaba abraiado».
Coinciden Darío Álvarez e Xulio Maside que Carlos Maside non era para nada bohemio, ben polo seu carácter, ben pola súa doenza. A poeta María do Carme Kruckenbergrelata como «un día ía con Laxeiro para o café Derby (na praza de Colón) pola rúa do Príncipe e atopámonos con el, presentoumo e foi encantador. Deume moita pena cando marchou para Santiago».

:: La Opinión de A Coruña ::


9 comentarios

Tiroliro II · 17-06-2008 a las 23:45

Pouco lle podemos pedir ós do goberno do concello, en cultura andan co churro e coa Panorama e que carallo se iban a acordar de Maside, tamén estuvo angueira 8 anos e de Maside nada de nada.
Pero o que e de vergoña e que a consellería de cultura do bloque non se entera dos 50 anos da morte do pintor, claro a Bugallo gastou en Cuba a tira de cartos convidando os lambóns da nova cultura galega, os xuntaletras que tomaron mojitos, foron a praia e anduveron de carallada a conta de todos, mais de 200 foron polo morro…e os representantes da cultura de verdade que lle den polo saco.

zapatista · 18-06-2008 a las 13:21

Se tanto te acordas ti propon ou fai algo. Non sempre é o concello o que ten que tomar ese tipo de iniciativas.

Antonio Cortés · 18-06-2008 a las 13:36

Zapatista, coido que é un erro entender que debemos ser os cidadáns e non as institucións as que teñen que velar polos nosos intereses, neste caso a cultura e un importante legado cultural.

Luis Angel Sabariz Rolán · 18-06-2008 a las 15:42

? xusta a crítica neste tema do pintor Maside pola inactividade das administracións (ollo, como concelleiro de Pontecesures asumo parte da culpa). Claro que a Consellería de Cultura debería lembrarse dos 50 anos do pasamento do gran pintor.
En 1.997 e por mor do centenario do nacimento do insigne cesureño, houbo unha asociación cultural (non lembro o nome pero sei que os representates eran Lois Gil e Fernando Rodríguez) organizou unha serie de actos conmemorativos na Casa do Concello. Tivo moito mérito aquelo. ? unha mágoa que non xurda nada por esta efemérides.

o chiquitas · 18-06-2008 a las 21:32

sabariz si dis que e unha magoa ,non acordarse do pintor Maside que facedes os concelleiros ou queredes que un ciudadano de a pe fagalle un homeñaxe,moito falar pero parecedes uns parasitos,como sempre uns polos outros e a casa sin barrer.

o parrandas · 18-06-2008 a las 21:41

Agora falta fernando parracho e xa non temos cultura? manda karallo. Elo, onde anda agora?

zapatista · 18-06-2008 a las 22:53

Totalmente de acordo Antonio, o que pasa e que nun concello pequeno non sempre debe levar a iniciativa as propias institucions (Ainda que debe axudar en todo o posible) senon mediante asociacions de veciños con material etc. A miña critica vai para aqueles que piden actos culturais e despois non acoda ninguen.

O Rei · 18-06-2008 a las 23:29

Moitos «comentaristas» «novos» na páxina, pero cada un lembra moi moito a algún dos «clásicos» da páxina…

manolo · 19-06-2008 a las 12:35

Penso que nunca é tarde. Si este ano fai 50 anos do seu pasamento, quedan seis meses para organizar algo, e penso que é tempo dabondo.
Estámonos a lamentar que non fixemos nada? pois adiante!

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.