Nota íntegra do BNG de Pontecesures sobre a súa ausencia no Pleno.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O BNG quere manifestar acerca da ausencia dos seus concelleiros ao último pleno ordinario do día 28 de xullo o seguinte:

1. O día 24 de xullo o BNG apresentou por escrito unha solicitude para que o pleno se aprazase debido a que a maior parte do seu grupo non podía asistir por motivos persoais (e algún por motivos laborais). Ademáis concelleiros do BNG falaron persoalmente ca Alcaldesa deste asunto ao que ela respostou que de ningunha maneira e que os seus socios de goberno no lle ían permitir este troco.

2. En resposta ao manifestado polo tránsfuga Sabariz, o BNG pregúntase: ¿por qué non asiste aos plenos o outro tránsfuga Alfonso Diz? Acaso sinte vergoña despois do que fixo o día da investidura ou é que non ten valor a presentar a súa demisión. Para nós Sabariz está a facer o papel de bufón de corte, xa que é o que máis fala e o que debería estar máis calado por razón obvias.

3. Ao noso entender a actitude neste asunto da Alcaldesa Maribel Castro é antidemocrática que pretende non ter oposición que lle faga preguntas comprometidas as cales non ten resposta xa que descoñece o que fan os seus compañeiros de goberno. ¿Qué se pode agardar dunha persoa tan ambiciosa que colleu a Alcaldía con só 200 votos, tragando con todas as contrapartidas que lle impuxeron os seus socios de goberno?

4. Dende o BNG agardamos que estas situacións non se volvan a repetir e impere a cordura neste desgoberno e que non priven a máis do 40 % do electorado de estar representado nos plenos.

Pontecesures, 2 de agosto de 2008

CONSELLO LOCAL DO BNG DE PONTECESURES


10 comentarios

Becquer II · 5-08-2008 a las 18:53

Me parece una locura
enviar a Diz al hoyo
y quedarse sin apoyo
en la moción de censura.

Encima descubren a «checha»
Cecilia no fue valiente
y muy poco inteligente
¡No me toques la «perrecha»!.

checha · 6-08-2008 a las 00:41

Non sei poque pos o de descubren xa que nunca me escondin.Gustariame que me explicases o de non ser valiente e pouco inteligente.Mais que nada por saber de que vai xa que quedo leendo estas verbas que non sei porque mo pos.
De todas maneiras grazas polo poema.

Tuso · 6-08-2008 a las 13:33

«Checha», nas túas preguntas están as respostas…

basta · 6-08-2008 a las 13:50

Hola tuso, voullo explicar eu, e si me engano, que me corrixa. Segun as miñas informacións, pouco valente por non decir claramente que todos os seus colegas de partido estaban de descanso vacacional coma ben pronosticou Sabariz, menos ela, que polo o que eu sei, tiñas obrigas laborais dificilmente evitables. Pouco intelixente, por levar ela o chaparrón dos demais, e xa que entra na páxina dando a cara, non o utilice para defenderse.

Un saúdo checha, que a pesar da vergoñenta actuación do teu grupo, non te agochas.

Tuso · 6-08-2008 a las 13:58

O triste é que haxa que explicarlle as cousas.

O do aguantar os chaparróns e non defenderse, debe de ir co cargo de político, a consabida «disciplina de partido», ca que se estes se deixan anular como persoas.

Palermo · 6-08-2008 a las 19:25

Pero que dous listos ehhh! arrecarallo! Nin caso «checha» dous lambecodias, ou un lambecodias. perico atrás de pincel, o das 13_50 debe estar de vacacións, porque dixo que él en horas de traballo non saía por aquí, jojojo que risa, cánto colaborador necesario.por outro lado estes dous «non adscritos» da «nota íntegra» aínda pretenden recuncar ¿ou qué?, estes días andan hiperactivos, aínda non veñen as eleccións, tranquis.

basta · 6-08-2008 a las 20:04

E unha pena que por culpa de xente como «palermo», «cara de cona», etc, un se replantee si entrar nesta páxina é para aguantar subnormalidades, e si vale a pena. Non sei si o moderador debera «vetar» a psudónimos que solo entrar para insultar, caso de palermo, ou é mellor que marchemos outros. Despois de ver o que fixo onte con «o rei» e ver o que fai hoxe…

Antonio Cortés · 6-08-2008 a las 21:00

a solución e simple, como fai un ano, a partir de agora e por 7 días Non se vai a permitir, baixo ningunha forma se permitirán os «fora de tema» (os comentarios serán sobre a entrada).

O incumplimento reiterado das normas implicará o veto á paxina, tanto de acceso como de comentar.

Ninguén ten a obriga de vir e moito menos de comentar, e non vale todo.

Nota: Si un comentario vai sobre máis dun tema deberá ser posto o que corresponda nas entradas correspondentes, nunca na mesma.

… e o filtro empeza agora …

P.D.: Como se pode ver desde sempre ó pe do formulario para comentar:

En Pontecesures.net cremos que a verdade non é propiedade de ninguén, senón que se constrúe entre todos. Por iso, tamén estamos convencidos de que a participación dos lectores e lectoras engade outro valor aos contidos. Pero este xogo ten as súas regras. O insulto, as descalificacións persoais e a linguaxe despectiva atrancan a comunicación libre. O diálogo establécese sobre as ideas, non sobre quen as emite. Por esta razón, eliminaremos os comentarios que non favorezan a liberdade e o razoábel intercambio de opinións. En beneficio da participación e do debate.

Pepe de San Xulian · 9-08-2008 a las 15:18

Con un pouco de saber estar e de educación a páxina resulta do mais divertido, axuda a pasar o tempo e a depresíon e mais levadeira

pandorcas · 11-08-2008 a las 18:52

Sempre leo o mesmo
Luis Sabariz dice
Luis Sabariz ironiza
Luis Sabariz critica
…………….
¿E que non hai mais membros que teñan voz no CONCELLO?
¿Para que queren un posto retribuido ou non se despois non din esta boca e miña?
Que Luis Sabariz vos de unhas cantas clases a ver se aprendedes algo.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.