O xoves 28 de agosto celébranse as Milagres de Requián.
Neste lugar do Concello de A Estrada, pero tan próximo a nós, célébrase o videiro xoves a tradicional romaría da Virxe das Milagres que arrastra moitas persoas de toda a comarca.
A partir das 8:00 horas, haberá misas rezadas de hora en hora (a das 11:00 en galego), sendo ás 13:00 horas a solemne coa procesión da Santa.
Pola tarde as misas serán ás 18, 19 e 20 horas.
A música, perante todo o día, correrá a cargo da charanga «Os Xirimbaos» a Banda de Gaitas de Barbude e a Banda de Música Cultural de A Estrada.
Ás 20:30 horas principiará a gran verbena coas orquestras «Limón» e «Costa Oeste».
O venres 29 de agosto celebrase tamén en Requián o día da Nosa Señora da Piedade con misa solemne e procesión das Santas ás 13:00 horas.
A orquestra «Miramar» actuará na sesión vermouth do mediodía, e a verbena nocturna contará con dita orquestra e coa «Noche de Estrellas».
0 comentarios