?ltima hora: Catro feridos nun incendio dunha vivenda en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Sobre as 14:15 horas da tarde de hoxe houbo un incendio no primeiro andar do edificio situado en Agro do Muíño nº1 (na rúa de entrada ó antigo Bar “O Coleixón”, dende a rúa Portarraxoi). Na vivenda había, ó parecer, seis persoas, e resultaron feridas con queimaduras catro (Dolores Pardal Moure de A Toxa, de 47 anos, un fillo, unha filla e un neto de dous anos). Tres delas foron evacuadas en ambulancia, e o neno pequeno nun helicóptero do 112 dende as proximidades de Nestlé.
Ata agora descoñécense as causas do incendio (está a envestigar a policia científica) e na extinción do lume participaron efectivos de Protección Civil de Pontecesures, Valga e Padrón.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.