Mañá celébrase a xuntanza anual de antigos alumnos da academia de D. Feliciano Touceda e de D. José Fdez. Carlés.
Mañá sábado día 6 de setembro ás 12:30 horas concentrarase nº 52 da rúa San Lois de Pontecesures (está era a situación da academia) un grupo duns 45 antigos alumnos e alumnas destes dous profesores.
A comitiva acompañada dun grupo de gaitas e entre as bombas de palenque, dirixirase ata a Capela do Pilar de San Xulián, onde ás 13:00 terá lugar unha misa concelebrada polos sacerdotes José Barreiro Gontad y Ricardo González Cordo que foron tamén antigos alumnos. Rematada a misa, e sobre ás 14:00 os participantes na xuntanza celebrarán un xantar de confraternidade no Restaurante do Pazo de Lestrobe.
Coma sempre será o mestre de cerimonias o antigo alumno Manolo Becerra.
0 comentarios