A seguridade vial nun segundo plano.
O BNG de Pontecesures quere manifestar o seu malestar polo que, ao noso entender,está a ser unHa pésima utilización dos semáforos do ??cruce da Estrada? por parte do desgoberno municipal.
Durante o goberno do Bloque Nacionalista Galego en Pontecesures adoptouse unHa importante decisión como foi a de regular o tráfico mediante semáforos no cruce da Estrada para evitar a perigosidade crecente de dito cruce, perigosidade que diminuiu de forma considerabel con tal medida.
Observamos e recibimos numerosas protestas de veciños polo mal uso que se lle está a dar actualmente a esta regulación semafórica, esta depende directamente do concello de Pontecesures. Os semafóros atópanse frecuentemente apagados durante días completos sobre todo en fins de semana, descoñecendo as causas, pero ademáis tomouse a decisión por parte do desgoberno municipal de apagalos totalmente a partires das 21.30 ata ás 08.00 horas.
Esta decisión conleva a un aumento considerabel do risco tanto para vehículos como para pións, xa que nin siquera deixan encendidas as luces intermitentes de sinalización de circular con precaución.
O BNG responsabiliza directamente á alcaldesa Maribel Castro da decisión que pretende favorecer a algún apoio electoral seu, primando unha vez máis, no desgoberno, os favores individuais ca o interés xeral e máxime cando se esta a tratar da seguridade vial nun cruce tan perigoso.
Nós esiximos á Sra. Castro que corrixa este despropósito de xeito inmediato, que canto menos se deixen as luces intermitentes de sinalización de cruce perigoso e a unhas horas de cambio más axeitadas.
BNG de Pontecesures.
3 comentarios
checha · 6-09-2008 a las 20:50
Sabariz estou esperando algun comentario teu sobre esta nota de prensa.Informanos de porque se fan estas cousas sen xeito.
Luis Angel Sabariz Rolán · 8-09-2008 a las 15:09
Os semáforos do cruce da Estrada foran incluídos no Programa de Acción Municipal 2002 e a Deputación Provincial aportara 23.315,57 ? do total do investimento (29.431,13 ?). Os 6.115,56 restantes foran aportados pola Xunta de Galicia a través do FCL que de aquela tiña carácter finalista. O instalador foi SETGA e obtivemos como mellora gratuita que entraran en funcionamento tres semáforos para peóns que estaban abandonados nas proximidades da Praza de Pontevedra. Levei o asunto persoalmente, e non veñades a vender agora motos os do BNG.
Ultimamente houbo unha importante avaría no semáforo do cruce da Estrada e así cando encendía o alumeado público pola noite, apagábase a instalación, saltando os automáticos. Xa está arranxada, pero é certo que, antes diso, de luns a venres o semáforo era posto en ámbar a partir das nove e pico da noite ata as oito e pico da mañá (os sábados e domingos tiña e ten o funcionamento normal tamén polas noites).
Hai opinións para tódolos gustos. Eu considero que hai que buscar un sistema para que en ámabar só queden os semáforos como moito, por exemplo de 23:30 a 7.00 horas dos días laborables.
decesures · 12-09-2008 a las 16:12
E que pasa coas beirarrúas da parte de arriba do pobo??? ata cando ímos a estar así???