Inspección fluvial.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Un total de 240 grupos de voluntarios estudarán o estado de saúde dos ríos galegos e limparanos a partir do próximo luns.

«Cada vez hai máis xente que decide limpar estes ecosistemas, pero non saben como facelo».
Ramsés Pérez, voceiro da asociación Adega.

Os grupos de voluntarios recollerán información estre o día 15 de setembro e o 31 de outubro. Estas actividades enmárcanse dentro da campaña de outono do Proxecto Ríos, organizado pola organización ecoloxista Adega.
Segundo explicou o coordinador dos grupos do proxecto, Paco Bañobre, os grupos, cunha media de dez voluntarios cada un, realizarán actividades de inspección dúas veces ao ano nos treitos deos ríos que elixen. Así., elaborarán un inventario de flora e fauna e analizarán as características físico-químicas da auga.
Para formar estes grupos de voluntarios, o proxecto celebrará unha «saída formativa» o próximo 27 deste mes na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con, en Vilagarcía, na que incidirán no recoñecemento dos macroinvertebrados. Nesta liña, Bañobre asegurou que «a través dunha metodoloxía sinxela, calquera persoa» pode coñecer a situación dun río.

Limpeza simultánea. Entre as actividades previstas, a principal novidade consistirá nunha limpeza simultánea de varias canles fluviais de Galicia, o vindeiro sábado 4 de outubro. Esta iniciativa servirá para crear un protocolo para seguir na limpeza dos ríos.

«LV. De luns a venres». O gratuito galego. 11/09/08


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.