Os populares emprazan á xunta a posicionarse en contra da ponte con piares sobre a ría de Arousa
Jose Manuel Balseiro, voceiro de Pesca do PPdeG subliña que Fomento ten efectuado unha modificación substancial no proxecto construtivo deste viaduto: Dunha ponte sen apoios na ría pasaron a outra con piares que implica a necesidade de construír peiraos de servizo, realizar recheos, cimentacións, así como unha serie de vertidos que contaminarían de xeito irreversible o medio mariño.
* O Grupo Parlamentario Popular defenderá varias iniciativas na Cámara autonómica para coñecer a posición do Executivo autonómico respecto desta infraestrutura e reclamar da Consellería de Pesca a correcta valoración do impacto ambiental da mesma. Entre elas, solicítase a comparecencia do Director Xeral de Recursos Mariños.
* Os populares subliñan os múltiples prexuízos que provocaría desenvolver o proxecto construtivo desta ponte con paires: afectaría a unha zona estuaria única na que, entre outros, se atopan portos pesqueiros de relevancia como Carril, Vilaxoan, Vilanova, Rianxo, a Illa de Arousa; e repercutirían negativamente nos importantes bancos marisqueiros que alí existen e nos que se xeran recursos por un valor superior aos 90 millóns de euros anuais.
* A afectación do ecosistema mariño, tería tamén un efecto negativo na actividade turística desta zona, por canto viríase prexudicada a imaxe e o prestixio do marisco da ría, que constitúe un dos alicerces fundamentais para moitos dos visitantes e turistas
Arousa, 13 de setembro de 2008.- O voceiro de Pesca do Grupo Parlamentario Popular, José Manuel Balsiero Orol, xunto as deputadas Marta Rodríguez Arias e Rosa Oubiña Solla, rexistraron unha batería de iniciativas no Parlamento de Galicia a través das que emprazan á Xunta á posicionarse en contra da construción dunha nova ponte con paires sobre a ría de Arousa. Esta nova infraestrutura, promovida polo Ministerio de Fomento que dirixe a socialista Magdalena Álvarez, serviría de viaduto para as obras do AVE en Galicia e ten previsto unir os termos municipais de Catoira e Rianxo.
MODIFICACI?N SUBSTANCIAL NO PROXECTO
Os deputados populares explican que Fomento desenvolveu unha modificación substancial no proxecto construtivo ??que fundamenta o noso rexeitamento?: Dunha ponte sen apoios sobre a ría pasouse a outra con piares, que implicarían a necesidade de construír peiraos de servizo, realizar recheos, cimentacións, así como unha serie de vertidos que contaminarían de xeito irreversible o medio mariño.
AGRESI?N CONTRA A PESCA E O MARISQUEO
Jose Manuel Balseiro Orol entende que unha ponte con piares constitúe unha agresión inxustificable contra o ecosistema da ría de Arousa. De feito, o voceiro de Pesca do PPdeG, amósase convencido en que a execución desta obra implica innumerables prexuízos nunha zona estuaria única, na que se atopan portos pesqueiros de relevancia como Carril, Vilaxoan, Vilanova, Rianxo, a Illa de Arousa ??e, todo iso, por limitarnos a citar os máis próximos á desembocadura do río Ulla?.
A isto debemos engadir o ??forte impacto? sobre os bancos marisqueiros alí presentes. Unha zona de produción ??única? da que se extrae ameixa fina, ameixa babosa, berberecho, vieira e ostra, e que constitúe ??un motor económico capaz de xerar importantes recursos e riqueza?. De feito os populares lembra que a actividade pesqueira e marisqueira na ría de Arousa é o principal recurso económico desta área – xera unha facturación anual superior aos 400 millóns de euros- e ten, entre outras características, a importancia der ser a zona de produción de mexillón máis grande do mundo
O voceiro de Pesca do PPdeG lembra que, precisamente, por todas as razóns mencionadas con anterioridade, a área afectada pola construción desta nova infraestrutura, logrou no seu día a declaración como Lugar de Interese Comunitario (LIC) -o curso do río Ulla- así como forma parte, por dereito propio, da Rede Natura 2000, en atención a súa riqueza biolóxica, medioambiental e a súa calidade paisaxística
IMPACTO SOBRE O TURISMO
A maiores das diversas desvantaxes subliñadas, os populares entenden que a construción da nova ponte, tal e como esta proxectada, podería ter un efecto negativo na actividade turística desta zona, por canto viríase prexudicada a imaxe e o prestixio do marisco da ría, que constitúe un dos alicerces fundamentais para moitos dos visitantes e turistas.
AS CONFRARÍAS REXEITAN A MODIFICACI?N DO PROXECTO
O Grupo Parlamentario Popular subliña que, entre os detractores deste novo proxecto aparecen os patróns maiores de A Illa, Rianxo, Vilanova, A Pobra, Ribeira e Cambados, xunto ao presidente da Federación de pósitos de Pontevedra e o de Galicia. ??Todos eles, coinciden un subliñar o grave impacto ambiental que traería consigo o novo viaduto, así como a súa incidencia prexudicial nas especies mariñas que constitúen a base fundamental da actividade dos máis de 3.000 mariñeiros e mariscadoras que alí traballan? ??expuxo Balseiro Orol.
ACTIVIDADE PARLAMENTARIA
O PPdeG solicitará a comparecencia do director Xeral de Recursos Mariños para que explique a posición do Goberno galego respecto deste proxecto e, se ten elaborada a Consellería de Pesca un informe sobre o impacto desta nova infraestrutura nos recursos pesqueiros e marisqueiros. As iniciativas promovidas polos deputados José Manuel Balseior Orol, Marta Rodriguez Arias e Rosa Oubiña Solla, teñen por orixe unha petición da agrupación local do Partido Popular de Catoira ??profundamente preocupado pola incidencia desta nova ponte con piares, sobre a ría de Arousa?
Os deputados populares lembran que o Executivo que preside Emilio Perez Touriño ten o deber de garantir a adecuada protección dos nosos recursos xunto coa promoción de infraestruturas que sexan capaces de respectar a riqueza medioambiental da nosa terra. Por iso a Xunta de Galicia debe apostar por aqueles proxectos que provoquen o menor impacto posible no ecosistema, así como tamén, traballar pola preservación dunha área de tanta importancia como a ría de Arousa ten no conxunto de Galicia .
SA?DOS.- JOSE MANUEL BALSEIRO OROL : Enviado a redaccion@pontecesures.net
0 comentarios