?ltima hora: Rescatan a unha muller dun pozo na Tarroeira-Valga.
Hai uns quince minutos, voluntarios de Protección Civil de Pontecesures e de Valga, xunto con familiares e veciños rescataron con cordas a Carmen Viñas Tarrio, de 76 anos, que caeu esta maña nun pozo na Tarroeira-Valga (no nº 24, ó parecer). Xa estaba un médico no lugar, e asistiron tamén os Bombeiros do Salnés e efectivos da Garda Civil. O pozo é estreito, e como a muller non contestaba ás chamadas houbo momentos de gran nerviosismo.
A muller, aparentemente consciente, está a ser trasladada arestora nun helicóptero do 112 dende as proximidades da sala de festas Chanteclair, xa no termo nunicipal cesureño, ata un centro sanitario de Santiago.
0 comentarios