O sábado 11 de outubro, inauguración da obra de traslado do cruceiro de San Lázaro.
A Asociación de Veciños de San Xulián anuncia que o sábado día 11 de outubro comezan estes actos ás 12:45 horas cunha misa na Capela do Pilar en San Xulián.
De seguido, e a pé do cruceiro, terá lugar o desenvolvemento central do acto.
Están convidados ó acto tódolos integrantes da Corporación Municipal de Pontecesures.
3 comentarios
estudiante · 19-10-2008 a las 11:19
? curioso que o Saba non lle dera a este acto toda a publicidade que lle da a outros, limitándose a esta escueta noticia.
Aljo lle debe pasar coa da Asociación de San Xulián, porque sejún me contaron o viernes o día da inaujuración do cruceiro escapou como un fojete e non quedou nin ós pinchos.
Que che pasou homiño, non che justaban os pinchos? Sería cousa rara.
Non te invitaron ó pincho os de san Xulián. Sería razonable.
Conta o que che pasou home, que nin ao día sejinte foches tampouco á misa.
Luis Angel Sabariz Rolán · 19-10-2008 a las 20:43
Pois a información que tiven deste acto, publiqueino como nova neste medio o día 7 de outubro. Sí estiven convidado ó acto pola asociación de veciños (como concelleiro e como veciño, pois tamén son socio da asociación). Foi un acto bonito e sinxelo. Logo da misa e da bendición do párroco a pé do cruceiro, falaron Juán Porrúa Pardal en nome da asociación, e a alcaldesa. Ámbolos dous agradeceron ós veciños e a administración autonómica o apoio ó traslado de este monumento que estaba realmente en perigo, a carón da estrada nacional.
Que quedara ou non eu ó aperitivo e intrascendente.
estudiante · 19-10-2008 a las 22:57
Ah, contestas ao que non che prejuntan e como non che convén dis que é intrascendente. Cuco.