Nota íntegra do BNG de Pontecesures sobre os consumos de gasoil na anterior lexislatura.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O BNG de Pontecesures quer manifestar acerca das noticias aparecidas nos medios de comunicación no tema da investigación sobre o suposto consumo irregular de gasóleo na lexislatura anterior o que a continuación segue.
A sentenza da Audiencia Provincial o que fai é únicamente ordearlle á xuiza de primeira instancia do xulgado de Caldas a iniciar as investigación oportunas para esclarecer se houbo ou non irregularidades no consumo do gasóleo. Non hai ninguén procesado e moito menos culpable, por eso indígnannos os comentarios vertidos nos medios polo Sr. Sabariz, nos cales xa condena ao ex alcalde Angueira e ao encargado municipal Xurxo Gerpe.
Extráñanos a publicidade feita por Sabariz desta petición da Audiencia Provincial e que non a fixera en cambio dos autos xudiciais anteriores os cales archivaban e exculpaban totalmente tanto a Angueira como a Xurxo Gerpe. Ante estos autos, tanto Rafael Randulfe (PP) como Sabariz estiveron caladiños e procuraron que os veciños de Pontecesures non estiveran informados deste asunto.
? moi doado facer demagoxia con estes temas e informar intencionadamente á cidadanía no momento que pensamos que nos é favorable. O BNG recorda que o proceso de investigación segue o seu curso e cando este remate será o momento de facer as valoracións oportunas. Deixemos que a xustiza faga o seu traballo e esperemos que este proceso remate o antes posible.
Está claro que o Sr. Sabariz segue obsesionado con Angueira, e o que pretende facer con todo isto é intentar xustificar o que fixo o día do pleno de investidura no cal traicionou a todo un pobo. Para nos en política non todo vale aínda que algún utilizan os medios máis rastreros para conseguir o seu fin. Aplican a máxima do ??todo vale?.


4 comentarios

O AMANTE BILINJUE · 13-10-2008 a las 14:20

«Nota integra do BNG de Pontecesures sobre os consumos de gasoil na anterior lexislatura»…. Pois machiño, debo de estar moi torpe hoxe porque por máis que leo e releeo non che lle vexo ningunha mención ó consumo do gasoil.

Cara de cona · 13-10-2008 a las 15:04

E que queres que digan amante, angueira anda negro….e o xurxo non che digo…que coño van decir no xulgado….fala aí a nota de que o 7 de enero de 2006 botaron 52 litros a primeira hora e 4 horas despois outros 52…O Patrol terá un burato? ou que?, o 7 de enero nin Náutico nin ostias que non hai competicións…a onde foi o gasoil? a que coche?…que carallo van decir…os nervios avanzan..ai pepiño adios..ai pepiño adios…ai pepiño por dios non te vaias…quedate con nós, quedate con nós…Pepiño e o da gasolinera…jo…jo…jo..

sobreiras · 19-10-2008 a las 01:14

Estes persoeiros do BNG deben pensar que neste pobo todos somos analfabetos,vamos, que non sabemos ler,comprender o texto, e sacar conclusións. Sres. do Bng: enténdimoslle perfectamente a sentencia da Audiencia Provincial. Claro que aínda non hai nada xulgado, nin ningún condenado. ¿Pero saben unha cousa?, si estas denuncias do PP e do Sr. Sabariz e Diz non fosen recurridas a Audiencia de Pontevedra, esto seguiría archivado en Caldas para sempre e vostedes iríanse de rositas e ríndose de todos nos. Parece ser que a Sra. Dalila non encontrara indicios de delito, ven que se chuleou o Sr. Alvarez, no debate da TV do Salnés, cando nadie o sabía de que o Xulgado de Caldas archivara. Estaba el todo contento. Xa todos sabemos que debe ter vostede en Caldas bos amigos, traballando alí o seu cuñado avogado e o seu amigo o procurador. Non chupamos o dedo, señores do bng. Agora vamos a esperar tranquilamente que se faga a investigación e veremos os resultados da sentenza, pero por favor non nos tomen por parvos.

estudiante · 19-10-2008 a las 11:14

Home Randulf, vir ajora con estos arjumentos clama ó ceo. A miña postura neste tema está clara e xa a expuxen aquí.
Ajora ben, vir coa historia de que unha sentenza dun xuíz (ou xuíza), se non nos justa, se fai porque sejún ti hai amistades coa xuíza xa di de ti tido o que tiña que dicir.LAMENTABLE.

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.