Anxo Angueira, escritor de Manselle: «A creación literaria é un verdadeiro milagre».
??Un dos obxectivos de todo mestre é o de que os seus alumnos sexan independentes intelectualmente e que amen a súa lingua? ·· ??Galicia vive un momento extraordinario no nivel de literatura, non só de poesía?
?? Despois de catro anos de parón literario, acaba de publicar ??Fóra do Sagrado??, ¿que supón para ti esta obra?
?? Ese parón foi relativo. Ao mellor paras de publicar poesía, pero fas outras cousas. Durante este tempo estiven facendo a tese de doutoramento, sobre unha obra de Méndez Ferrín. Pero si, Fora do sagrado é algo novo na miña actividade literaria, e en concreto, na miña actividade poética. Porque eu que son da Terra de Iria, da aldea de Manselle, en Dodro, tamén vivo en Vigo. Fora do Sagrado é un canto a Vigo, ao Vigo que eu coñecín, que eu amo. ? unha cidade moi complexa, moi difícil, pero tamén é unha cidade aberta, viva, estrepitosa. A min, vitalmente, deume moitísimo. Ademais, é como unha especie de célula onde está representada toda Galicia. Fora do Sagrado é un verso dun poeta vigués medieval, que era Martín Códax.
?? O escenario da túa literatura sempre foi as terras de Iria. Agora que atopamos á cidade de Vigo como referencia, ¿pódese dicir que xa está todo dito na túa obra sobre Iria?
?? Non, para nada. Simplemente trátase dun canto que lle necesitaba facer a Vigo. Eu non saio, incluso vivindo en Vigo, non saio da miña terra. E nin moito menos, non está todo por dicir sobre esa terra, a terra de Rosalía de Castro. Talvez foi ela a que a instituíu literalmente, e tamén o farán os que veñan agora. ? unha terra central na historia de Galicia. Agora estou traballando nunha novela, ambientada nos anos sesenta, no mundo do río Ulla, nese corazón que ten a terra de Iria.
?? ¿Cal considera vostede que sería a súa achega persoal á terra de Iria?
?? Home… eu algo fixen… Por exemplo, fixen unha guía sobre ela. Eu creo, humildemente, que foi a achega do nome de Terra de Iria. Porque outros escritores atoparon outras denominaciones como o Ullán. Eu diría entón que o nome de Terra de Iria, que é un nome moi bonito, non Iria Flavia, que parece un apelido, que lle dá certa categoría, senón Iria que é como lle chama a xente de alí e como se lle chamou historicamente. Á parte desa guía, da terra de Iria, pois o resto das obras que falan dela, pero como outros autores que tamén o fixeron.
?? En Dodro hai moitos autores recoñecidos, pero ¿pensa que aínda lles queda por dar un paso máis adiante?
?? Concretamente no concello de Dodro, falta aínda moitísimo impulso. A actividade creativa e cultural non debe nin pode ser unha actividade institucional. Aínda así, eu creo que dende hai tempo o concello de Dodro está impulsando a literatura, a creación literaria, como a organización do premio que leva o nome de Eusebio Baleirón. En todo caso, a creación literaria é un milagre. De todas formas, por moito que se fomente, se non hai non hai nada que facer. E na terra de Iria, dáse ese milagre. Poucas terras de Galicia, poucos territorios, poucas comarcas teñen tal densidade de escritores, e de escritores importantes. Ás veces, eu penso na terra de Celanova, ten a Curros, ten a Celso Emilio… penso en Mondoñedo e Cunqueiro, en Ourense… pero, na terra de Iria, temas a Rosalía de Castro, a Cela… aínda que non é concretamente da terra de Iria, eu creo que se vinculou máis ao final da súa vida. Nicasio Pajares, Pepe Hermida… tamén os de Dodro…e tampouco hai que esquecer os de Rianxo, porque tamén é da terra de Iria, con Dieste, Castelao… Poucos territorios teñen ese milagre da creación literaria e de persoas tan significadas de Galicia. E seguro que ese milagre vai continuar e que van achegar cousas importantes.
?? Falamos agora do momento actual. ¿Cal cre que é o momento polo que atravesa a literatura tanto na comarca, como en Galicia?
?? Na comarca hai un grupo de poetas novos, moi rebeldes, moi revolucionarios… que fan recitais, edítanse libros, edítanse revistas… Aí atrás fíxoselles unha homenaxe a Ramón Cabanillas e a Rosalía de Castro, onde se xuntaron moitos posetas da comarcas, cos da rede Escarlata. Neste sentido, é unha comarca viva. E falando de Galicia, creo que, dende o meu punto de vista, vive un momento extraordinario. Sempre hai quen anda chorando, que anda queixándose, parece que é un deporte do que pasa en Galicia. Pois non, a literatura en Galicia é unha república libre e moi potente. E non só na poesía, que aí sempre o fomos, pero tamén nos outros ámbitos literarios, na narrativa, no teatro. Galicia vive un momento como nunca viviu na súa historia. Se Rosalía de Castro ve a realidade literaria actual, ficaría sorprendida da cantidade de escritores novos e vellos que publican e coa calidade extraordinaria coa que se está facendo, a pesar de que moitos pesimistas digan cousas, que para min, non teñen moito sentido.
?? Vostede é mestre. ¿Que lle quere ensinar aos seus alumnos sobre literatura?
?? Eu quérolle transmitir cousas. Talvez un dos obxectivos de todo profesor é que os alumnos aprendan a pensar por si mesmos; que sexan independentes dende o punto de vista intelectual, que teñan curiosidade pola súa propia formación. E depois, máis en concreto, o que pretendo é transmitir o que me transmitiu a min o meu profesor, Bernardino Graña: o amor pola nosa lingua, o orgullo de falala, e tamén, o amor pola nosa literatura e pola literatura en xeral. Nese sentido, esfórzome porque a literatura non sexa un cúmulo de nomes, datas… senón de que a literatura estea ahí, viva nas clases. Creo que é a mellor maneira de que os rapaces e as rapazas se acheguen á literatura.
?? Ademais da tese na que andas a traballar, ¿en que outros proxectos anda inmerso ou ten pensado iniciar?
?? Vai saír un libro do proxecto Rosalía Vintee un, proxecto que me encargou a Consellería de Educación. ? un proxecto levado musicalmente por Abe Rábade, é un achegamento contemporáneo á figura de Rosalía. Vai ser un espectáculo que se estreou na Habana, cando Galicia foi invitada, e do que agora se vai publicar un libro. Hai outros, como a novela, teño o reto de editar, me gustaría facelo, a poesía galega de Rosalía de Castro, tanto a galega, como a que está en castelán. Tamén gustaríamo editar a obra doutro poeta berciano, Antonio Fernandez Morales .
O PERFIL-Naceu en Manselle, aldea de San Xián de Laíño, no concello de Dodro, en 1961
– Realizou estudos de Bacharelato en Padrón, onde tivo o primeiro contacto con Bernardino Graña. Realizou estudos de Filoloxía Hispánica, coa especialidade en lingua galega.
-Actualmente traballa como mestre de lingua e literatura galega no IES do Meixoeiro e na Universidade de Vigo.
-Gañou entre outros o Premio Esquío ou o de poesía Camiño de Santiago polo poema ??O valo de Manselle??, e o Premio Café Dublín, polo libro de relatos ??Bágoas de facer illas??.
TIERRAS DE SANTIAGO, 14/10/08
0 comentarios