Nota íntegra dos concelleiros non adscritos contestando ó BNG sobre o tema do gasoil.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

NOTA DOS CONCELLEIROS NON ADSCRITOS DE PONTECESURES

En constestación á nota do BNG de Pontecesures, publicada o pasado día 12 de outubro nos medios de comunicación sobre o auto da Audiencia Provincial de Pontevedra que deixa sen efecto os do Xulgado de 1ª Instancia de Caldas de Reis, e ordena instruir e investigar o subministro, para nós imposible, de gasoil a un vehículo de obras municipais, manifestamos o seguinte:

1-Vímonos na obriga de acudir ós xulgados, pois precisamente o Sr. Álvarez Angueira convidounos a facelo nas sesións plenarias de fiscalización, cando non quixo contestar ás numerosas preguntas que lle fixemos sobre este tema.

2-Tanto nós, como os veciños de Pontecesures, desecamos coñecer, entre outras cousas, como é posible que un vehículo municipal enchera o depósito dúas veces na mesma mañá, ou como en períodos determinados e acreditados consumía o coche máis de 100 litros ós 100 quilómetros. Isto resulta incomprensible.

3-Naturalmente foron aportados ó Xulgado os documentos acreditativos dos consumos (albaráns asinados polos responsables municipais, outros xustificativos sobre os quilómetros que ía percorrendo o Patrol no tempo, etc..).

4-O BNG recorre ás descualificacións lembrando o sentido do noso voto na sesión de elección de alcalde do 16 de xuño de 2007. Saen sempre coa ??mesma música?, cando xa explicamos dabondo as razóns polas que non apoiamos a un ex alcalde que tivo unhas actuacións rexeitables. Pouco a pouco imos amosando á opinión pública o porque da nosa decisión.

Que se deixen os nacionalistas cesureños de falar de obsesións ou persecucións e que asuman a súa responsabilidade. Nós, nin asinamos albaráns, nin dimos ordes para as repostaxes, nin tivemos nada que ver con este triste asunto do gasoil. O de condear ó mensaxeiro tratando de confundir á opinión pública xa está moi visto. Queremos coñecer a verdade.

Pontecesures, 18/10/08
Alfonso Diz Villar,
Luis Ángel Sabariz Rolán


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.