O BNG de Pontecesures solicita a consulta de varios expedientes de contratación de persoal.
No día de hoxe tivo entrada no Rexistro Xeral do Concello de Pontecesures o seguinte escrito:
«»Dna. Margarita García Castro, Dna. Cecilia Tarela Barreiro e D. Manuel Luis Álvarez Angueira membros do Grupo Municipal do BNG de Pontecesures,
SOLICITAN
Os expedientes completos dos seguintes procesos de selección de persoal:
1-Selección de 1 posto de educadora familiar do 8 de outubro.
2-Selección de 1 posto de limpadora do 15 de outubro.
3-Selección de 2 postos de peón xeral do 20 de outubro.
Tanto a documentación dos traballadores/as seleccionados/as como a de aqueles que non o foron, que inclúa:
-Os criterios de selección
-Documentación aportada polos aspirantes
-Baremación
-Puntacións
-Valoración das entrevistas
-Calquera outra documentación que inclúa o expediente
Pontecesures, 29 de outubro de 2008″»»»
Vaise conceder autorización do concello, para que a comprobación se poida realizar o luns día 2 de novembro de 10:00 a 14:00 horas na oficina do técnico de emprego, que foi membro do tribunal. Ten o Sr. Rodríguez Fructuoso instruccións para informar de todo o que dsessexen os concelleiros/as nacionalistas.
9 comentarios
Luis Angel Sabariz Rolán · 29-10-2008 a las 19:43
Quero que vexades a diferenza co goberno anterior á hora de facilitarlle ós membros da oposición a consulta dos expedientes que é un dereito constitucional que se debe repectar sempre. O Sr. Álvarez Angueira cando era alcalde poñía todo tipo de trabas e facíache esperar ás veces máis de tres meses. Agora fai él a solicitude e se lle dan tódalas facilidades. Que tempos tan distintos.
manolo o do bombo · 29-10-2008 a las 20:34
Sabariz sabia que ibas a decir esto, pero que boiños sodes os deste goberno.¿AVE MARIA PURISIMA?QUE tiempo tan feliz ,que nunca olvidare,esa e unha cancion dos meus tempos.
Luis Angel Sabariz Rolán · 29-10-2008 a las 21:44
Por moita burla que fagas «manolo o do bombo», comentei simplemente a verdade. Antes tiven que acudir ó Valedor do Pobo, trabas, peche de despachos, demoras inauditas, horarios inadecuados para consultas a media mañá para que me afectara no traballo, etc…Dixen que, mentres eu tivera responsabilidade, iso non ía ocorrer, e estou cumprindo o anunciado. Estas cousas tamén son importantes e teño confianza de que a xente saiba apreciar que se respecten os dereitos de todos.
charly · 30-10-2008 a las 00:15
Hay que joderse con estes do bloque
piden explicacions cando nunca deron tales. que se pode esperar,dun tipo que pensa,que esta vijente o dereito de pernada (PATETICO)
manolo o do bombo · 30-10-2008 a las 16:36
SABARIZ ti cumpliras moito, pero a tua socia maribel no,fun a pedir unha partida de nacimiento,e contestoume que habia que pedila catro dias antes ,ela non podia ese dia que iba a peluqueria,en horario de traballo que estamos pagando todos,ahora no me digas que e mentira pasoume a min .
Luis Angel Sabariz Rolán · 30-10-2008 a las 17:08
Home «manolo o do bombo», eu trato de que se cumpra no tema das consultas dos compañeiros da oposición. Sobre o funcionamento diario e a atención veciñal, ignoro detalles pois non estou normalmente no concello en horario de mañá.
Agora ben; a partida de nacemento non ten nada que ver nin coa alcaldesa nin co concello. Ese documento solicítase no Rexistro Civil que está situado no andar primeiro da Casa do Concello. A alcaldesa non ten que asinar ese documento para nada; correspóndelle ó Xuiz de Paz e á Secretaria do Xulgado de Paz. Home, á perruquería imos todos algún día. Seguro que a alcaldesa vai máis veces que ti e que min xuntos. ¿Non che parece?.
pandorcas · 30-10-2008 a las 19:07
Dende logo non hai nada mellor que ter o mamdo así saio do traballo con calquera escusa ainda que sexa para ir a perruqueria.
Que pouco sabedes do mundo laboral. O mundo dos currantes é de outra maneira Aprobeitade mentres podedes.
Luis Angel Sabariz Rolán · 30-10-2008 a las 19:13
Pero, «pandorcas». Será mellor falar de cousas máis serias. Eu non sei cando vai á perruquería a alcaldesa nin tampouco me preocupa moito. Estamos a falar dos dereitos dos concelleiros, e das facilidades que se dan agora ós membros da oposición. Antes sucedía todo o contrario.
Tiroliro II · 31-10-2008 a las 19:55
Hai que ter cara para pedir expedientes de contratación de traballadores, que veña Angueira e a Juliana agora con este clama o cielo, que lle entreguen o decreto que fixo angueira subindo a Xurxo o do gasoil a dedo de peon a oficial, ou o expediente donde o tacón entrou no concello acertando 24 de 25 preguntas coa de Julian no tribunal, trapicheiros, cecilia a da cocha esta dandolle cobertura a estes fuleiros, o que hai que aguantar