BALONCESTO: DERROTA (56 – 49) NA CASA DO LIDER PORTONOVO QUE TIVO QUE SUFRIR ATA O FINAL.

Publicado por fru en

LA NOCHE BALONCESTO PORTONOVO = 56
EXTRUGASA RIO ULLA = 49

Gulli (6), Peñaño (4), Pedrito (-), Pino (6), Pedro (-), Nacho (3), Santi (6), Arturo (11), Felipe (7), Pepi (6) .

 Derrota nos últimos minutos ante un equipo que vai líder na categoría, pero ó que Extrugasa tuteou en todo momento. Partido limpo, cun bo arbitraxe e no que primou a deportividade entre 2 equipos que se coñecen ben. Con un pouco mais de acerto a victoria podería ter cambiado de bando, pero o acerto final dos seus homes exteriores (moi boa a tripleta Julio, Berto e Norat) decidiu para os locais. 

De inicio Extrugasa empezou moi forte en defensa (non coma a semana pasada). Portonovo apenas podía facer tiros cómodos, e os cesureños puxeronse diante. A defensa individual de Portonovo era rota por Pepi e Santi que asistian a Pino (min 5: 1 ?? 8). Como Portonovo non metía apenas podia presionar, e Extrugasa estaba cómodo. Santi e Nacho mantiveron ó Extrugasa diante (8 ?? 14) neste 1º cuarto. 

No 2º cuarto Portonovo incrementou a presión e recuperou mais balóns. A súa consigna foi clara, que o Extrugasa non xogase dentro da zona local. Conseguironno os locais e puxeronse diante no remate do cuarto (22 ?? 19). Extrugasa só anotou 5 puntos neste cuarto. 

No 3º cuarto 2 triplas de Gulli anularon a diferencia local (25 ?? 26) e a partir de ahí apareceu un protagonista: Arturo, que no poste fixo moito daño. 10 puntos del neste cuarto puxeron ó Extrugasa de novo diante: 38 ?? 39. 

E no derradeiro cuarto ambos equipos se vaciaron en defensa. Así, logo de 6 minutos o marcador estaba 42 ?? 43 para os cesureños. E houbo unha xogada que poido ser clave: Arturo falla unha bandexa, logo de romper a presión e irse só á canasta. Inmediatamente empataron os locais e a partir de ahí Norat 1º con 7 puntos seguidos e logo Julio con 6 (1 tripla cada un) sentenciaron o partido. Así quedando pouco mais de medio minuto Extrugasa perdía de 2, pero unha tripla con moita sorte, pois foi rozada por Gulli sentenciou o encontro para Portonovo. 

 Agora toca recibir para a semana a un Meco do Grove en horas baixas, pois tamén  esta co mesmo resultado que Extrugasa (1 victoria e 3 derrotas). Non parece dende logo o equipo dos anos anteriores que se xogaba a liga contra o Laxe, e que apenas perdía partidos. ¿Qué Extrugasa encontraremos para a semana? A solución o vindeiro sábado pola tarde en Pontecesures.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.