OS TIROS LIBRES CONDENAN A UNHA NOVA DERROTA DO EXTRUGASA DIANTE DO LIDER LAXE MARIN: 52 -53
EXTRUGASA RIO ULLA = 52
Gulli (5), Peñaño (7), Pedrito (8), Victor (-),Pedro (3), Nacho (15), Santi (-), Arturo (6), Pepi (6), Juanjo (2) .
LAXE MARIN = 53
Partido que tiña que disputarse en Marín, pero por petición deles, cambiouse a orden dos encontros. A mala sorte persegue ó Extrugasa, pois outra vez prantou cara en todo o partido, neste caso a todo o Laxe Marín, gañador das ultimas 2 ligas, e outra vez perderon os do Extrugasa, e neste caso si vale o de ??no ultimo segundo?, pois quedando menos, 0.6 decimas Peñaño tivo 2 tiros libres para empatar o encontro anotando o primeiro e errando no 2º. Con esta derrora, e as victorias de Cambados e Pontevedra, o Extrugasa está situado por 1ª vez en postos de descenso, ó igual que o Vilanova.
? contrario que outras veces o Extrugasa saiu mentalizado, e foi Pedrito con 2 triplas o que lle dou as primeiras diferencias, minimas (6-5) ós locais. O Extrugasa defendeu moi ben ó lider en defensa individual os 40 minutos, e en ataque os pivots locais sobre todo Nacho, empezaron a sumar, o que lles permitiu chegar ó final do cuarto 14 -11 para os cesureños.
No 2º cuarto seguen os pivots locais mantendo ó Extrugasa por diante (min 13: 20 ?? 18). Pero uns minutos de erros supoñenlle encaixar un parcial de 0-7 que distanciaba ós marinenses (min 16: 20 ?? 25)Achegase o Extrugasa 23 ?? 25, pero xa no final do cuarto 2 triplas do nº 15 de Marin permitenlle chegar ó descanso gañando por 5: 26 ?? 31.
Sae en zona 2 -3 Marin, e o Extrugasa move ben por fora, pero abusa do tiro exterior, sen ver os pases adentro. Si acerta Peñaño con 2 triplas que manteñen (min 24: 34 ?? 38) o Extrugasa cerca no marcador. Unha tripla de Gulli deixa o marcador ó final do 3º cuarto nun 38 ?? 41 para os visitantes.
Iniciase o derradeiro cuarto con Nacho e Peñaño no banco descansando, e parece que se vai Marin 41 ?? 47 no min . 33, pero Cachote cunha tripla achega o 44 ?? 47. Logo aparece Pepi que anota unha canasta e posteriormente 1 tiro libre, empatando o encontro a 47. Nacho empataría uns ataques despois a 49 quedando pouco mais de 2 miutos. O nº 15 de marin anota unha tripla con 2 defensores punteando (49 ?? 52). No seguinte ataque nacho converte o 1º tiro libre, errando o 2º, pero Pepi faise cun importante rebote. Novo balon a Nacho que volve a ter 2 tiros libres, errando 1 deles (51-52). Recupera o Extrugasa en medio campo, fallando peñaño unha entrada con 6 segundos, e no rebote falta. Quedaban menos de 3 segundos e o xogador de Marín que mete o primeiro (51-53), lanzando a errar o 2º, como fai. Balón que colle nacho e pasa a peñaño, que recibe unha falta en campo propio quedando 0.6 decimas, e anota o1º para fallar no definitivo.
Á falta de 3 partidos para rematar a 1ª volta, estes van ser contra os 3 equipos de abaixo, visitando Pontecesures par a semana Vilanova, probablemente sábado a ultima hora da tarde, e logo Pontevedra.
0 comentarios