Tragsa precisa contratar peóns e capataces. Prazo para presentarse: 5 días.
Na edición de hoxe de «La Voz de Galicia», aparece o seguinte anuncio:
TRAGSA, selecciona para a súa delegación na provincia de Pontevedra,
-Peóns para limpezas e mantemento en marxes de viais, canles, ríos e de espazos naturais (Rfa. Peón-PO)
-Capataces, para as mesmas tarefas (Rfa. Capataz-PO)
Zonas de traballo.
I Comarca Caldas-O Salnés.
II Comarca O Morrazo-Pontevedra.
III Comarca Vigo-Baixo Miño.
IV Comarca Deza-Tabeirós.
V Comarca A Paradanta.
Requisitos.
Experiencia nos traballos propios da categoría.
Mobilidade xeográfica dentro das zonas descritas.
Valorarase:
Experiencia no manexo de motoserras e motodesbrozadoras.
Ter recibida formación básica en P.R.L.
Ter carnet de conducir tipo B.
O prazo máximo de recepción de currículos é de cinco días naturais, dende hoxe que foi cando se publicou o anuncio.
Os interesados/as deben enviar urxentemente o curriculo, indicando se é para péon ou para capataz e tamén a zona de traballo da preferencia das indicadas. No sobre hai que indicar o seguinte enderezo: TRAGSA, Apartado de Correos nº 388, 36080 PONTEVEDRA.
0 comentarios