Finou Manuel Senín, ex concelleiro de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Aos 88 anos de idade, finou hoxe, Manuel Senín García, que foi concelleiro de Pontecesures polo Partido Popular entre 1991 e 1995, e que formou parte do equipo de goberno sendo alcalde José Piñeiro Ares.
Manuel Senin, que era viúvo de Carmen Fernández Cardelle e tivo sete fillos, rexentou perante moitos anos unha zapatería na rúa Portarraxoi de Pontecesures.
O velorio do finado está instalado na sala nº1 do Tanatorio “Iria Flavia” de Padrón. Dende alí sairá, ás 15:15 horas de mañá día 17 do mes que andamos, o cortexo fúnebre cara a Igrexa Parroquial de Pontecesures, onde ás 15:30 horas terá lugar a misa funeral. O enterramento será no camposanto parroquial de San Xulián. Descanse en paz.


1 comentario

"Ad hoc" · 17-12-2008 ás 08:08

Me temo que onde dí:

“Dende alí sairá, ás 15:15 horas de mañá día 18 do mes que andamos, o cortexo fúnebre cara a Igrexa Parroquial de Pontecesures, onde ás 15:30 horas terá lugar a misa funeral.”

Debe dicir:

Dende alí sairá, ás 15:15 horas de mañá día 17 do mes que andamos, o cortexo fúnebre cara a Igrexa Parroquial de Pontecesures, onde ás 15:30 horas terá lugar a misa funeral. ”

Día 17 pois.

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.