Boa participación esta tarde na Carreira Pedestre de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

Nunha tarde moi fría e con choiva (prácticamente auganeve), uns 200 atletas de tódalas idades participaron na IX edición da Carreira Popular de Pontecesures.

A proba absoluta, disputada sobre un circuito urbano de 5.000 metros, fue gañada por Uxío Abuín Ares do SAR-GESPA de Ames cun tempo de 14?? 52?. Segundo foi Luis Calvo Castro, con 15?? 04?, de Negreira e terceiro Jorge Crespo Arias, con 15?? 10? tamén de Negreira.

En mulleres gañou a carreira Yolanda Gutiérrez Robles do SPORTING CLUB COMESA?Á de Vigo, cun tempo de 17?? 42?. Segunda foi Marisé Astorga Somoza, con 18?? 59? e terceira Silvia Deira Barcala do ATLETISMO MILLADOIRO con 20?? 31?

Moi aplaudido foi o atleta máis veterano da proba, Xosé Neira Hermida de 76 anos, que quedou diante de bastantes corredores de menor idade.

A entrega de premios tivo lugar no Centro Social e participaron na mesma a alcaldesa de Pontecesures, Maribel Castro, o concelleiro de deportes, Javier Quintá e os tenentes de alcalde Jesús Rey e Luis Sabariz.


0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.