Boa participación esta tarde na Carreira Pedestre de Pontecesures.
Nunha tarde moi fría e con choiva (prácticamente auganeve), uns 200 atletas de tódalas idades participaron na IX edición da Carreira Popular de Pontecesures.
A proba absoluta, disputada sobre un circuito urbano de 5.000 metros, fue gañada por Uxío Abuín Ares do SAR-GESPA de Ames cun tempo de 14â?? 52â?�. Segundo foi Luis Calvo Castro, con 15â?? 04â?�, de Negreira e terceiro Jorge Crespo Arias, con 15â?? 10â?� tamén de Negreira.
En mulleres gañou a carreira Yolanda Gutiérrez Robles do SPORTING CLUB COMESAÃ?Á de Vigo, cun tempo de 17â?? 42â?�. Segunda foi Marisé Astorga Somoza, con 18â?? 59â?� e terceira Silvia Deira Barcala do ATLETISMO MILLADOIRO con 20â?? 31â?�
Moi aplaudido foi o atleta máis veterano da proba, Xosé Neira Hermida de 76 anos, que quedou diante de bastantes corredores de menor idade.
A entrega de premios tivo lugar no Centro Social e participaron na mesma a alcaldesa de Pontecesures, Maribel Castro, o concelleiro de deportes, Javier Quintá e os tenentes de alcalde Jesús Rey e Luis Sabariz.