Morreu Carmen Eitor, nai de «Manel», traballador do Concello de Pontecesures.
Aos 81 anos de idade, finou está mañá no seu domicilio de Toxa 15, Carmen Eitor Grela, nai de José Manuel Moreiras Eitor, traballador do Concello de Pontecesures.
Ás 15:30 horas de mañá luns, día 5 de xaneiro, o cortexo fúnebre sairá dende o Tanatorio Iria Flavia de Padrón, ata a Igrexa Parroquial de Pontecesures, onde ás 16:00 horas celebrarase a misa funeral.
O cadáver recibirá sepultura, posteriormente, no camposanto parroquial de San Xulián.
Descanse en paz.
0 comentarios