Mensaxe dos Reis Magos esta noite en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

No palco instalado na Plazuela por mor da cabalgata, o Rey Melchor pronunciou a seguinte mensaxe:

¡Benqueridos cesureños!

Un ano máis chegamos a esta fermossa vila de Pontecesures cheos de ilusión, e con gañas de traballar esta noite para deixar a todos os regalos que merecedes.
A pesar da crise, que tamén se aprecia en Oriente, esperamos contentar a nenos e maiores.
Queremos agradecer a benvida e o traballo realizado polos organizadores da Cabalgata, como son os voluntarios e as asociacións deste concello que sabemos que loitaron dabondo para posibilitar este desfile.
Ademais de desexar un feliz ano 2009, queremos que este pobo progrese como merecen os seus veciños.
Aos nenos lle pedimos que se porten ben no colexio e nas súas casa; e aos maiores que se volquen na educación dos máis cativos, como garantía de que no día de mañá serán boas persoas.
Rapaciños, agora idevos pronto para a cama, e durmide asiña para que poidamos facer a entrega dos regalos con rapidez. Pensade que sodes moitos e queremos cumprir con todos.

¡Ata o ano que ven!


1 comentario

Mari · 25-12-2015 ás 19:59

Quiero falar con Reyes magos 981 86 62 15

Deixa una resposta a Mari Cancelar a resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.